17 de maio en Cacheiras

Este sábado, Día das Letras Galegas, non esquezas ó recital poético-musical consistente nun percorrido pola historia da poesía galega que van será recitar e cantar Anxo Angueira e Leo i arremecághona.

Trátase dunha produción absolutamente novidosa e orixinal que probablemente só se poderá ver en Cacheiras.

Hora: ás 20:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras,
Organiza o Concello de Teo.

Chegou unha postal á libraría

Chamame Ana e empeza a falarme dun artigo que leu en El País dunha tipa que fai esculturas con lápices, e como ela anda moi apurada dígolle que eu porei un enlace ó asunto ese.

Pero o gracioso é cando me di que chegou unha postal para ela. Incrible, empezamos a discutir por teléfono de quen era a postal que mandou Igor. En fin, qué tolas!. Quen me coñeza saberá que discutín por costume e por principios, porque me sae de adentro, como dicía o poeta. Pero como sei que a libreira é gran colecionista e eu ando dende hai meses na fase de desapego estóico, díxenlle que podía quedar coa postal e as pegatinas. Estou segura que a vai plastificar ou enmarcar ou algo polo estilo. Pero iso sí, aviso para navegantes, o que me queira enviar algo que poña o meu nome, que logo a libreira ilusiónase e non hai deus que a faga soltar nada.
Aquí deixo a postal e o poema de Igor. E menos mal que existe internet, que si é polo envío tradicional o que tiña que esperar….

macaco200s.jpg

A minha língua quero na tua boca
e nos teus lábios nos teus peitos
E no país inteiro do teu sexo
falar com o idioma que nos pertence
Procurar a humidade com a língua que nos une
para dar-lhe nome ao teu corpo
e repetir em cada rio em cada bosque
em cada outeiro da tua geografia
a promessa de quem ama sem palavras
Com o silêncio das estrelas, tam longínquo e singelo

Na cuneta do tempo

subcomandanta.jpg
Foto vía subcomandanta en Flickr.

Somente o alucinado
na cuneta do tempo,
ó pé do sílex
mordendo unha mazá,
contra corrente
regresa ó Paraíso

Manuel Álvarez Torneiro***

Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

libroana.jpg

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.

entrada02.jpg

Foi unha presentación moi entretida, e na que descubrimos moitas cousas sobre o protagonista do libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Ler máis »

Libros e videos

Antes de que Ana meta algún post de tipo místico e exaltado sobre a lectura e como ésta te vai redimir, aproveito para aconsellarte o post esta semana en Vivir del cuento.

E para que non se diga que temos isto abandonado imos por un video da libreira tola e o meu neno favorito.

Presentación do libro Dicionario

Este venres 9 de maio ás 20:00h. presentarase nesta librería o libro «Dicionario» Xosé M.ª Álvarez Blázquez, de Ana Acuña.

No acto intervirán:
Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo; Antonio Puentes, director editorial de tresCtres; Xesús Alonso Montero, profesor e investigador literario e a propia autora.

Ana Acuña, estudosa da obra de X. M.ª Álvarez, preséntanos neste manual da colección «Dicionario» (a dedicada ós autores das letras galegas), e a través das diferentes «entradas» perfectamente clasificadas, un completo estudo, con todos os datos e a análise debullada da súa obra, sobre a escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2008. Conta ademais con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula (tanto cos de primaria como cos de secundaria), selección de textos e sección de imaxes. O poético limiar é da académica Luz Pozo Garza.

Lembrate que estamos en Cacheiras, Teo (edificio Solaina, baixo 2, portal 1).

De pistolas

Las pistolas nunca solucionan nada -le dije-. Sólo son un telón rápido antes de un segundo acto muy malo.

Philip Marlowe en Playback de Raymond Chandler

Cando remate este, lerei Pan e coitelo, que lle teño moitas ganas.

Brillante Weblog 2008

Pois para seguir co tema do premio Brillante Weblog 2008 que me concedeu Felix de Im-Pulso, imos pór a miña lista dos sete premiados:

Apostillas literarias porque sempre ten novas moi interesantes sobre literatura.

A cova do raposo porque escribe bos poemas e ademáis lle gusta Rosendo e Cortazar.

Leoeosseus por eses relatos antropolóxicos, por exercer de pai exemplar e por visitar aínda máis blogs ca mín.

Persistencia del tiempo porque escribe uns poemas moi sentidos.

Milodón City cha cha cha porque escribe uns relatos caralludos, fondos e sensitivos.

Casa das letras por estar sempre ó día. E porque cando a nosa libreira ve as fotos desa tenda morre de envexa.

Fíos invisibles por ser a porteña máis galega que coñezo. E porque as veces a mín pasame á inversa.

Anarquía significa …

v-for-vendetta.bmp

Anarquía significa “sin líderes”, no “sin orden”. Non está de máis lembralo cando tanta xente usa o termo anarquía como sinónimo de caos.

No Saberes de La Opinión de Coruña de hoxe viña un artigo de Méndez Ferrín sobre un dos meus heroes favoritos. O artigo titúlase Apoloxía do terrorismo. Falando da programación televisiva dí o escritor:

Pro nada me sorprende máis do novo espírito de tolerancia (sempre parcial, sempre con truco) do que esa apoloxía da violencia revolucionaria antifascista (dígoo eu así) que é tema central da película V. for Vendetta magnificamente dirixida por James MacTague no 2005 ou sexa en tempos de furor antiterrorista. Estes días non sae da TV

Eu a diferencia de Ferrín disfrutei máis do comic que da película, que aínda estando moi ben, non afonda tanto no anarquismo do personaxe de V de Vendetta.

ué aínda non o liches?
Pero bueno, a que demo esperas?
Máis en V de Vendetta, de Alan Moore y David Lloyd e en V de Vendetta

E sí, sigue véndoseme certa vea xacobina, pero eche o que hai.

Ah, neste mesmo número de Saberes tamén ven unha entrevista interesante con Vicente Araguas, membro do movemento Voces Ceibes.

Globos: deseos, ilusións, merda, lixo

Unha pensa que a estas alturas, polo menos as ongs e as institucións públicas xa están concienciadas co tema do medio ambiente e con iso de que está mal encher o espacio de merda, sobre todo por paridas.

Pero non, porque ultimamente non vexo máis que globos ó meu redor. E paréceme unha estupidez e unha irresponsabilidade seguir enchendo o ceo de lixo que vai rematar no estomago de aves, peixes e demáis animáis. Se por mín fóra, faríalles tragar todolos putos globos ós que teñen estas ideas tan brillantes. E dame igual se son para a fibrose mútiple, para ilustrar as ilusións e desexos dos coruñeses:

800 ANOS. 800 MENSAXES. 800 GLOBOS.
800 mensaxes, 800 desexos, 800 ilusións…

Ao longo do ano todas as persoas poderán achegarse aos centros cívicos e depositar unha mensaxe co seu desexo, a súa ilusión, a súa petición…

As mensaxes escribiranse en papel pergameo pequeno, introduciranse nun globo e depositaranse nunha urna de cristal. A final de ano, con todas as mensaxes recollidas farase unha gran solta de globos que simbolizará as ilusións da nosa cidade da Coruña.

A recollida das mensaxes será de marzo a decembro e a solta de globos será o 30 de decembro.

Ou se se viaxa en mil globos para protestar polo que sexa, como no caso do cura voador.
Ben se be que falta imaxinación cando so se lles ocurren ideas tan nocivas para o medio ambiente. Iso sí, logo soltarán unha bágoa o ver o video de Al Gore. Incoherentes!