A ironía e o absurdo: Leo Maslíah

Audio de Leo Maslíah donde fai unha parodia de poeta neurastenico. Tamén me gusta moito cambio de cabezas e el precio de la fama.

Desexo de ser punk e de ler

Logo dun ano de tan poucas lecturas estou agora disfrutando moito de libros escollidos a chou. Pero dentro dunha orde, claro. O criterio de elección nestes momentos é escoller autores que xa teño lido e que sei que me gustaron. A semana pasada, lin Deseo de ser punk, de Belén Gopegui, un libro que recomendo, e que trata o tema dunha adolescente que a través do fío conductor da música busca vai cuestionándose o mundo e buscando saidas existenciais. As referencias á música van no senso de atopar algo que te atravese, que te impacte, e non esos ripios de merda que escoitas nos supermercados e centros comerciais. Esa música que nos venden, igual que nos empaquetan e endosan o resto de cousas que se supón necesitamos para levar unha vida feliz. É un bo libro, ben escrito con puntos moi interesantes aínda que me decepcionou un pouco o final, supoño que esperaba un remate da história que me sorprendese e iso non sucedeu. Aínda así, recomendoo, sempre está ben ler algo que nos remova por dentro, como cando escoitas por exemplo a Jello Biafra, que estivo actuando hai uns días por Compostela e deu un concerto moi bo na Sala Capitol.

Outro libro que lín foi Tres, un pequeno poemario de Roberto Bolaño, que é un autor chileno moi importante que arrastra fans incondicionais como esta que suscribe. De Bolaño xa lera Putas asesinas, La pista de hielo, 2666 e La Universidad Desconocida.  A pesares de que me gusta máis o Bolaño narrativo que o poeta, tamén é este un poemario curioso e recomendable.

En galego estou lendo varios autores a un tempo; un dos que xa rematei foi o poemario de Manuel Rivas: A desaparición da neve, publicado en galego, castelán e euskera. Deixo este video que alguén subiu a youtube con poemas deste volume.

E xa seguirei contando, como van as lecturas e recomendando algo para Nadal, por se algún ten tempo para alimentar a alma na invernía.

Poesía en Coruña

Onte tivo lugar na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, en A Coruña, un recital máis do ciclo Poetas di(n)versos. Os poetas invitados foron Luis García Montero e Luz Pozo Garza. Deixo un dos poemas que recitou García Montero.

Mujeres
Mañana de suburbio
y el autobús se acerca a la parada.

Hace frío en la calle, suavemente,
casi de despertar en primavera,
de ciudad que no ha entrado
todavía en calor.
Desde mi asiento veo a las mujeres,
con los ojos de sueño y la ropa sin brillo,
en busca de su horario de trabajo.

Suben y van dejando al descubierto,
en los cristales de la marquesina,
un anuncio de cuerpos escogidos
y de ropa interior.
Las muchachas nos miran a los ojos
desde el reino perfecto de su fotografía,
sin horarios, sin prisa,
obscenas como un sueño bronceado.

Yo me bajo en la próxima, murmuras.
Me conmueve el recuerdo
de tu piel blanca y triste
y la hermandad humilde de tu noche,
la mano que dejaste
olvidada en mi mano,
al venir de la ducha,
hace sólo un momento,
mientras yo me negaba a levantarme.

Que tengas un buen día,
que la suerte te busque
en tu casa pequeña y ordenada,
que la vida te trate dignamente.

Luis García Montero***

Aminatou Haidar = Dignidade

Estaba nun bar hai uns días e saiu na televisión a nova dunha trama de explotación de marroquís en Lugo. Uns paisanos da barra empezaron a comentar a noticia, bueno, máis que comentar, empezaron a soltar as típicas estupideces dos que nunca exercitaron o cerebro máis que para amontoar cartos para mercar bens inmobiliarios. Decían: que se fodan! a qué viñeron? pois se os explotan estalles ben, por parvos.

Noutro bar, ó día seguinte, con xente distinta sairon novas sobre Aminatou Haidar e as conversas foron do mesmo tipo: que se foda, pero esa muller é parva, non ve que lle dan a nacionalidade española? pois que morra hostias, pero xa lle vale facernos quedar de malos e neste compromiso. Por qué non pide perdón e volta a súa casa?

Qué noxo lle da a unha comprobar día a día que os cidadáns xa non son tal, que perderon (non sei en qué momento) a noción do que significan palabras como DIGNIDADE.

E deste xeito da igual que te pise os teus dereitos a administración, a policía, o goberno, o teu xefe. Cando non te plantexas a importancia que ten a dignidade, cando non és quén de identificala ou recoñecela nos xesto dos que temos ó lado, qué sentido ten estar por estar? Cómo podemos vivir tan mansamente?

Firma, (se che apetece) para solicitar a liberación inmediata de 8 presos de conciencia e a entrada no Sáhara Occidental de Aminatou Haidar, defensora dos dereitos humanos.

SUCESOS

Cuando del corazón surge un grito amarillo
grandes sargas se extienden sobre rostros amados.
Me dicen que ya es tarde y que el pastor de sombras
es ahora obediente a manos invisibles.

En nosotros ha entrado una serpiente ciega.
Ya nadie ama ni sonríe.

Un huracán de signos avanza inútilmente.
Las últimas mentiras se disfrazan de invierno.

Alguien entra descalzo a la fosa de los números,
alguien está anudando las cuerdas del olvido.

Los hay que cantan lívidos al borde del suicidio
y los más silenciosos copulan sin esperanza.

Un paso más allá todo es inexistencia;
todo se explica en el no ser.

Ya veo
la turba incandescente. Van a venir muy pronto
los reptiles del llanto.

Alguien está gritando cercado por la púrpura.
Alguien abre despacio la mirada sabiendo
que en su córnea se esconden las cifras terminales
y que su pensamiento
no es más que una costumbre que precede a la muerte.

En la calcinación, un perro sangra
rodeado de ausentes. Bajo miradas frías
el perro se convierte en azul para siempre.

Cunden fétidas rosas; sus pétalos cansados
descienden a mis manos. Silenciosas, se acercan
las madres que no olvidan.

Frutos enloquecidos
se unen a los restos desprendidos del fósforo
y a las últimas sílabas, a las incomprensibles

En la hora imposible despertará el durmiente;
como un cuchillo negro te mirarán sus ojos.
Vas a quedarte solo. Tu cuerpo tendrá frío
desnudo para siempre, desnudo hasta los huesos.

Acepta tu extravío, entrégate a la luz:
la luz es el comienzo de la causa invisible.

**** ANTONIO GAMONEDA (de ‘Extravío en la luz’)

Dámaso Alonso

Acabo de ver a rica, interesante e histórica entrevista a Dámaso Alonso, no programa A fondo. Nela o poeta fala dos seus compañeiros de xeración, dos seus mestres, confesa que se sinte galego, fala da súa obra e da Academia da lingua, da guerra, das súas viaxes, etc. Unha xoia á tua disposición en aquí.

INSOMNIO

Madrid es una ciudad de más de un millón de cadáveres (según las últimas estadísticas).
A veces en la noche yo me revuelvo y me incorporo en este nicho en el que hace 45 años que me pudro,
y paso largas horas oyendo gemir al huracán, o ladrar los perros, o fluir blandamente la luz de la luna.
Y paso largas horas gimiendo como el huracán, ladrando como un perro enfurecido, fluyendo como la leche de la ubre caliente de una gran vaca amarilla.
Y paso largas horas preguntándole a Dios, preguntándole por qué se pudre lentamente mi alma,
por qué se pudren más de un millón de cadáveres en esta ciudad de Madrid,
por qué mil millones de cadáveres se pudren lentamente en el mundo.
Dime, ¿qué huerto quieres abonar con nuestra podredumbre?
¿Temes que se te sequen los grandes rosales del día, las tristes azucenas letales de tus noches?

Crónica dun domingo con granizada

Domingo pola mañán. Xusto cando decidín darlle unha volta á cadela pola Torre cae unha granizada fera, así que volvín a casa, a chusmear blogs e o feisbuk e a porme ó día cos correos intentando esquecer que á tarde toca o castigo dun traballo de merda. Escoito mentras música adecuada ó clima:

Estou lendo Mis almuerxos con gente inquietante de Montalbán; adminístrome  un capítulo antes de dormir, porque o bo saboréase a grolos curtos. O entrevistado é o que menos me interesa, disfruto moito co xeito de escribir de Montalbán e teño moitos outros títulos, desa colección que sacara Público, esperandome. Algúns xa os tiña lido, pero nunca está demáis voltar disfrutar relendo algo bo co toque malicioso do mestre.

E facendo un aparte, como de todos é sabido que a libreira perde as bragas en canto se menciona o tema Sabina, deixolle aquí unha crítica sobre o seu último concerto. A pobriña tivo que perderse este, pero xa levas nas costas o recordo de moitos outros.

A min, serán cousas do tempo, xa non me apetece ir a concertos de Sabina. Sí me gustaría poder ir á concerto de Jello Biafra en Santiagoo 12 de decembro, pero case dou por perdida esa posibilidade porque ese día traballo fixo e non hai posibilidades de facer cambios. É o que ten traballar tódolos fins de semana, unha pérdese as manifestacións, as ceas dos sábados, as orxías, os concertos, as misas, as resacas…

E como recomendacións para picotear na blogsfera deixo estas picadiñas:

“El fenómeno Yoani Sánchez”, por Salim Lamrani

Televisión… Manipulación?

Gasto público, beneficio privado

AchegArte

AchegArte ou o antes coñecido como Culturgal chega hoxe e mañán a Coruña, no Paxleco e no Kiosko Alfonso poderas atopar unha chea de actividades. Non o perdas

Unhas advertencias de Anne Sexton

Advertencias para una persona especial

.

Cuídate del poder,

Su avalancha puede enterrarte,

Nieve, nieve, nieve, sofocando tu montaña.

Cuídate del odio,

Puede abrir su boca y saltarás

A comerte tu pierna, un leproso instantáneo.

Cuídate de los amigos,

Porque cuando los traiciones,

Como lo harás,

Meterán sus cabezas en el inodoro

Y bajarán la palanca.

Cuídate del intelecto,

Sabe tanto que no sabe nada

Y te deja colgando boca abajo,

Articulando sabiduría

Mientras el corazón se te sale por la boca.

Cuídate de los juegos, de actuar,

Del discurso programado, sabido, pronunciado,

Porque te delatarán

Y te quedarás de pie como un niño desnudo,

Orinándote en tu propia cama.

Cuídate del amor

(A menos que sea verdadero,

y cada parte de ti diga sí, incluyendo los dedos de los pies)

te envolverá como una momia,

no se oirán tus gritos

y no pararás de correr.

¿El amor? Sea hombre. Sea mujer.

Debe ser una ola en la que deseas deslizarte,

Entregar tu cuerpo, tu risa,

Entregar, cuando la arena te tome,

Tus lágrimas a la tierra. Amar a otro es algo

Como una oración y no puede planearse, simplemente

Caes en sus brazos porque creer deshace la incredulidad.

Persona especial,

Si fuese tú no le prestaría atención

A mis advertencias,

Hechas un poco de tus palabras

Y un poco de las mías.

Una colaboración.

No creo una sola palabra de lo que he dicho,

Excepto algunas, pienso en ti como un árbol joven

Con hojas pegadas y se que echarás raíces

Y entonces el verdor real llegará.

Déjate ir. Déjate ir.

Oh persona especial,

Hojas posibles,

A esta máquina de escribir le agradas,

Pero quiere romper vasos de cristal

En celebración

Por ti,

Cuando deseches la oscura corteza

Y flotes

Como un globo.

Aprobada no aniversario da morte de Durruti

Esta que suscribe, estivo preparando unha oposición a xustiza estes dous últimos anos, xa que estaba farta de traballos precarios e de ser puteada por subcontratas de subcontratas contratadas case sempre por esas famosas caixas tan patriotas das que hoxe se fala nos xornais.  Hoxe sairon as listas e estou APROBADAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!

Xa podemos adicarnos ó blog de novo. ;) e a outras moitas cousas que estaban aprazadas. Hoxe, por exemplo, estiven en León na inauguración do Hálito a Durruti. Xa porei algunhas fotos.

Poetas di(n)versos

Onte fun ó recital que deron Lucía Aldao e L. E. Aute en Coruña dentro do ciclo Poetas di(n)versos.
animalhada.jpg

O recital de Lucía Aldao fíxose tan corto como longo o de Aute.  Paseino moi ben  e ate nos botamos unas risas. No próximo recital estarán Luz Garza e García Montero. Non faltarei tampouco.

Deixo dous videos de Lucía Aldao recitando noutro acto que tivo lugar na Galería de Sargadelos.