
Sobre a librería:
Persoa de contacto: Ana María Martínez Castro.
Estamos en Teo, Cacheiras, A Coruña. Teléfono 981 80 67 10
Email: trasno.viaxeiro (arroba) gmail.com
O trasno viaxeiro naceu sendo librería-ludoteca. Xa vai para un ano que deixamos a ludoteca atrás e agora todo o espacio está adicado a librería, papelería e kiosko de prensa. Tamén temos servicio de fax, fotocopiadora, encadernación e venda de xoguetes educativos, mochilas, complementos e obxectos de regalo.Contamos con abundantes títulos en galego e castelán, sendo especialmente variados os fondos de literatura infantil. Ah! Tamén vendemos libros de texto, se os encargas.
Sobre as autoras do blog.
Ana é a libreira que está en mil cousas a un tempo. Gústanlle os libros: non só para lelos, gústalle palpalos, cheiralos e analizalos ate exprimilos. Ana como blogueira, de momento, é máis ben un desastre porque non se decide a postear. Como moito pon comentarios. Está facendo prácticas para entender mellor a blogsfera e pode que axiña se atreva a escribir algo nesta bitácora.
hormiga é unha experta nesto de internet. Aquí so ven falar de lectura e libros. Tamén colabora no blog do clube de poesía de Carral . É licenciada en História, coa especialidade de Medieval e Arquivística, e dende hai varios anos sinte pasión polas novas tecnoloxías.
Sobre o blog:
Queremos que o blog sirva de escaparate dos fondos que hai pola librería (eses libros amontoados en estantes dos que non podes ver a portada). O mesmo tempo tentamos dar novas das actividades literarias que temos perto, e por a disposición dos que pasen por aquí unha lista interesante de enlaces relacionados cos libros e coa literatura. E por suposto, como levamos o blog por diversión, tamén nos gusta falar do que nos pete. ¡Anímate a participar!
Se eres escritor ou ilustrador e queres que poñamos un enlace a túa páxina ou blog mandanos un email ó: trasno.viaxeiro(arroba) gmail.com
Aviso !!!! Esta páxina vese perfectamente en Opera, Konqueror, Mozilla e Firefox. Se navegas co Internet Explorer é posible que a vexas deformada debido a isto.


