Archive for the Category Videos

 
 

Perigos

Visto aquí ten a súa gracia, pero cando te atopas diante dos machotes coas suas porras guardianas, non ten ningunha gracia.

Ti es dos que botan a correr ou dos que seguen ate o final? Ou es dos que xa nin van?

Lecturas e códigos

Comprendí que debía jubilarme cuando mis alumnos de 4º de la ESO me dijeron a las claras que ni entendían ni les gustaba la poesía de Antonio Machado.

Carta dun profesor a El País. Lido en A canción do naufrago

É algo obvio que todos temos uns límites de aguante, e cando os rebasamos chega a decepción. Sen ánimo de molestar ó autor de tal comentario, o argumento paréceme estúpido. Tamen podería decir que “comprendín que tiña que ser profesor cando vin que ningún rapaz entendía a poesía de Machado”.

En fin, divagacións aparte, eu estou algo farta de ler e escoitar comentarios sobre os mozos incultos, ignorantes e demáis epítetos. Cada xeración adícase a insultar e degradar a máis nova, por envidia xeneracional?
E se un mozo non entende a Machado haberá que saber se se debe a que non entende o código (algo frecuente con tanto analfabetismo funcional latente) ou se se debe a que non lle gusta nin interesa porque non lle importa un pito a mensaxe, porque se move por outras necesidades (espúreas se tal) máis imperiosas, aquelas que lles creou esta sociedade do primer mundo.

Hoxe ollei nun periódico gratuito un titular sobre os baixos índices de lectura en Galicia. E penso que hai moito victimismo. Non len porque non queren e non lles da a puta gana. Tampouco é para tanto. Tampouco é tan raro. E de ler moito ¿Qué lerían? Tal vez “Quien se ha comido mi queso”?. Non van ler os fillos o que non len os pais, non?. De todolos xeitos, a lectura non nos vai salvar de todo, e menos aliciente ten cando vemos tanto burro con traxe a mandar.

E para frivolizar algo un video de Shin Chan fomentando a lectura.

Los Soprano

Xa falta pouco, eu son das que preferiron esperar a ver os últimos capítulos de Los Soprano dobrados. A espera foi longa. Votarei en falta a ese mastodonte impulsivo e lembrareime del cando teña ganas de partirlle a cara a alguén . A forma de bater cos puños de Tony Soprano fascíname polo visceral, pola brutalidade descarnada. Igual que me fascina a tacañería e a rapiña duns personaxes que van collendo o que lles peta, dalles igual roubar unha cafetera, unha caixa de viño ou un porche.

Éste es el fin, amigo

Nova Galega de Danza

Non todo vai ser lectura. Imos relaxarnos cun video de Nova Galega de Danza

Qué o disfrutedes!

Ler libros é moi divertido

Animación á lectura en Shin Chan. Unha historia dun neno moi normal nun pobo moi normal.

Este rapaz é un tenro. Toda unha disertación sobre a emoción dunha vida normal.

Shin Chan crea, edita e vende

Shin Chan tenta vender o seu libro na libraría. Este neno é unha xoia.

O Golem, Borges

Hoxe quería escribir un post homenaxe a Arxentina. Dubidaba entre pór La argentinidad al palo ou un texto de Borges. Decidinme polos dous. Arxentina ten outro golem máis.

Como notas culturais para perdidos na política internacional e para que non distingue radical de peronista, recomendo o meu querido pereyra e o post en im-pulso sobre o mesmo tema.

Si (como afirma el griego en el Cratilo)
el nombre es arquetipo de la cosa
en las letras de ‘rosa’ está la rosa
y todo el Nilo en la palabra ‘Nilo’.

E de propina esta noticia sobre a película na que Borges interpretou a un personaxe seu. Ler en La Nación.

Shin chan pola libraría

Sin Chan fai das súas pola libraría. ¡Qué gracioso cando a libreira fala con sinais!

Disfrutando no Colón

Onte estiven no Colón e paseino fenómeno. A ceremonia de entrega dos PREMIOS OPINIÓN de música transcurriu axil. Nada de artistas que se eternizan no escenario. Uns catro temas cada grupo e nada de palabrerío oco e banal que alongase o acto.

O que máis me gustou foi a actuación de Xosé Luis Miguelez e a dos Cempés. Tamén flipei co virtuosismo do pianista de Nordestinas e co talento vocal das catro mulleres que subiron ó escenario. Non vou profundizar en máis detalles, que xa os da o periódico. So dicir que o espectáculo foi soberbio e que agora teño un libro máis .
Vídeo de Xose’L. Miguelez

Vídeo de Os Cempés

Xa sei que estou piantá, piantá, piantá…

Pode que me voltase unha purista, unha extremista, unha sibarita do tango. O caso é que hoxe escoitei a Uxía na radio cantando Garufa e sentín que alongaba tanto as palabras que non ía rematar xamais a canción. Como son unha radical neste ámbito tiven que cambiar a emisora. Para interpretar tango a min non me vale Julio Iglesias, Estrella Morente, Dulce Pontes, nen case nengún cantante . Só me fan feliz a orella, cando de interpretar tango se trata, Tita Merello, Hugo del Carril, Susana Rinaldi, Gardel, Adriana Varela e o Polaco Goyeneche .

Cando escoito cantar tango a ritmo de fado ou a ritmo flamenco fáltame o aire. Noutros casos hai veces que me gustan máis as versión que os orixinais dos que sairon. Pero o meu gusto e meu, non si?

Aquí deixo Balada para un loco cantada por Goyeneche.