Category Archives: Teo

Cheque-libro para o próximo curso

Lembra que o cheque que te dean só será válido para a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario correspondente ao nivel que realice o teu fillo no curso 2008-2009.
1 .- O cheque non representa diñeiro, senón un medio de pago dos libros e material incluido na convocatoria en calquera das librarías adheridas […]

Aeromodelismo en Cacheiras

XV Festival de aeromodelismo
Será mañán, 13 de xullo dende as 10:00 h ate as 20:00 h
Terá lugar na pista de aeromodelismo situada no lugar da Torre. Aquí, en Cacheiras.

17 de maio en Cacheiras

Este sábado, Día das Letras Galegas, non esquezas ó recital poético-musical consistente nun percorrido pola historia da poesía galega que van será recitar e cantar Anxo Angueira e Leo i arremecághona.
Trátase dunha produción absolutamente novidosa e orixinal que probablemente só se poderá ver en Cacheiras.
Hora: ás 20:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Rosalía […]

Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.

Foi unha presentación […]

Presentación do libro Dicionario

Este venres 9 de maio ás 20:00h. presentarase nesta librería o libro «Dicionario» Xosé M.ª Álvarez Blázquez, de Ana Acuña.
No acto intervirán:
Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo; Antonio Puentes, director editorial de tresCtres; Xesús Alonso Montero, profesor e investigador literario e a propia autora.
Ana Acuña, estudosa da obra de X. M.ª Álvarez, preséntanos neste […]