Archivo de la categoría: Xelis de Toro

Xelís de Toro

london1.jpg
Foto sacada de Rough Company

Este post non vai de novela negra en galego, xénero do que disfruto moito. Só aparezo para recomendar o último que estiven lendo en Revista das Letras: o artigo Xelís de Toro. ROUGH COMPANY onde atoparedes varios textos deste escritor.

Deixo tamén a páxina web onde podedes ler diversos artigos, textos infantís, poemas, arquivos sonoros e un blog desactualizado:
SINDICATO DO ESCRITOR NERVIOSO (SEN)

E na páxina da ROUGH COMPANY podedes ver os videos das performances e ler os textos, en inglés, de Os cachorros, Terminal e outras obras.

E xa que estamos, que tal se recomendamos un libro?

performance.jpg

Performance. Unha introdución crítica de Marvin A. Carlson. Publicado pola editorial Galaxia.

Ofrece unha panorámica xeral arredor dun fenómeno artístico que gozou de pleno desenvolvemento no século XX, ata se converter nunha das manifestacións escénicas máis importantes, sempre relacionada coa vangarda e cos movementos teatrais alternativos. O autor complementa a visión de carácter teórico cunha análise en profundidade da evolución histórica deste xénero escénico e coa consideración das súas tendencias e correntes máis importantes, incluídos os creadóres e creadoras e os seus traballos máis destacados.