Archive for the Category Narrativa

 
 

Se caes, érguete…

pero nosotros tía ¿cómo haremos?
¿cómo nos daremos cuenta de que hemos recaído
si por la mañana estamos tan bien
tan café con leche

Julio Cortazar***

Adicado para aqueles que recaen nestas datas, e para aqueles que se levantan con ledicia e para os que indiferentes asisten a esta orxía de xantares e agasallos.

Bo Nadal e que disfrutedes as festas.

Libros para o Nadal I

dscf9563.jpgEstaba pensando en escribir sobre as recomendacións para o Nadal, pero como atopei este artigo en La opinion de A Coruña co que coincido en case todo, mellor ledeo e elexide vos. Aquí deixo mostras dalgunhas das portadas de libros en galego que temos na librería e que recomendo para este nadal.

E graciñas ós de kalandraka pola súa homenaxe ás librerías. A verdade é que si nos bombardean, persiguen e atiborran de novidades, como din no seu blog , no que por certo hai que identificarse para deixar comentario. Algo lioso para xente que sempre anda as presas, coma mín. Bo Nadal a todos.

dscf9372.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…

De lípidos, glúcidos e casas tomadas

casa.jpgO mellor dos contos fantásticos é que plantexan temas moi reais. Como dí Cortazar, nesta entrevista, hai segundas e terceiras interpretacións do que o escritor escribe. Cortazar fala de como o relato Casa tomada xurdiu dun pesadelo: había unha presencia que o perseguía e que lle causaba medo.

Nestes tempos invádeme con frecuencia unha imaxe. Vexo ós outros tentando botarme da miña casa (e os outros non son okupas). Vou renunciando a espacios que me usurpan e vexo cada día máis lugares vedados ó transito.  Entón lembrome de Cortazar e de cando lín Los premios e Casa Tomada. Lémbrome dos lípidos e dos glúcidos.

Me parece que los lípidos y los prótidos deben ser los enemigos de los hormigombres.

Algúns meditan sesudamente sobre se  o autor quixo denunciar o peronismo ou aluden a este relato para facer unha defensa a ultranza da propiedade privada. O que a min me suxiren estas obras é que cada día renunciamos a máis cousas propias.los-premios.jpg

Renunciamos ó noso espacio, ás cousas que nos son máis gratas, renunciamos a decidir. Temos medo a  perder a tranquilidade ficticia e deixamos que nos vendan calqueira excusa. Cremos o que nos din porque queremos crer, porque necesitamos as mentiras, porque temos medo.

Outro motivo para recomendar a lectura de Los Premios é a gran riqueza de vocabulario porteño que ten. Disfrutei moitisimo cos xiros e modismos de personaxes coma El Pelusa que me lembraron outro conto de Cortazar, Torito, de gran riqueza expresiva. No video recomendado máis arriba comenta o escritor o cambio que sufriu el mesmo e os seus prexuizos clasistas, ó longo da escritura de Los premios, respecto deste personaxe.

¿Alguén propón outras lecturas destas obras?

Deixo un extracto que me gustou dos soliloquios que ten un personaxe chamado Persio cando fala do himno nacional arxentino.

¿Por qué no defenestrar antes que nada el peso venenoso de una historia de papel de obra, negarse a la commemoración, pesarse el corazón en una balanza de lágrimas y ayuno? Oh, Argentina, ¿por qué ese miedo al miedo, ese vacío para disimular el vacío? En vez del juicio de los muertos, ilustre de papiros,  ¿por qué no nuestro juicio de los vivos, la cabeza que se rompe contra la pirámide de Mayo para que al fin la tercera mano nazca con un hacha de diamante y de pan, su flor de tiempo nuevo, su mañana de ilustración y coalescencia? ¿Quién es ese hijo de puta que habla de laureles que supimos conseguir? ¿Nosotros, nosotros conseguimos los laureles? ¿Pero es posible que seamos tan canallas?

Lecturas

antiborges.jpgSeguimos lendo: a libreira entre traballo, máis traballo e festas desenfrenadas rematou de ler La ladrona de libros de Markus Zusak, Cuspirei sobre as vosas tumbas e O señor Ibrahim e as flores do Corán. Eu vin a peli basada neste último libro, e a recomendo con moito entusismo.

Pola miña banda ando en múltiples tarefas como é propio dunha mente dispersa e multitarefa: Pornografía de Boris Vian, Pornografía de Lupe Gómez (xuro que foi coincidencia) , Antiborges de M. Lafforgue, e varios relatos de Borges.

E logo din que non lemos nadiña. Ah, tamén ando ó tanto co tema da enquisa PISA: PISA Morena ¡Subimos UN Punto!


Den ganzen Beitrag lesen…

Estrenos:De Cortazar á retranca

Xa saiu o relato inédito de Cortazar en Babelia. Eu vouno ler esta tarde, cando teña El País nas mans. De momento abrínme boca cos artigos de Mario Muchnik,  La mirada grave de Julio Cortázar,  Carles Álvarez Garriga  Secretos de un inédito,  Javier Rodríguez Marcos Un lector que discute e outras reportaxes máis.

Por certo, esquecérame de comentar hai uns días a próxima saida da revista Retranca, humor en galego. Visto aquí e aquí.

Crímenes ejemplares, de Max Aub

aub0.jpgCRÍMENES EJEMPLARES
(Max Aub)
32 ilustradores
Media Vaca
Algunos de los relatos que componen estos CRíMENES EJEMPLARES aparecieron antes en SALA DE ESPERA, publicación a través de la cual Max Aub daba a conocer a sus allegados y a otros lectores interesados fragmentos de todo aquello que iba escribiendo. Esta edición utiliza los 87 cuentos que su autor agrupó en forma de libro y publicó por vez primera en la Impresora Juan Pablos de la ciudad de México el año 1957, en edición cuidada por el propio Max Aub y enriquecida (como se dice del caldo al que se echa un hueso) con viñetas extraídas de Book of Objects (San Luis Potosí, 1883).

Que sepamos, nunca hasta ahora se habían dado estos breves relatos con tal derroche de espacio y de tinta negra. Ni con un desbordamiento gráfico semejante: 31 artistas ofrecen aquí sus propias versiones de los crímenes No era tarea fácil, porque muchos de los cuentos contienen en si mismos imágenes poderosas que es inútil duplicar y de las que cuesta sustraerse. Todos los dibujantes, con alguna excepción, han escogido el texto que ilustran. Muchos de ellos son asiduos colaboradores de prensa, otros se dedican a la historieta, al libro infantil, a la publicidad y al cartelismo; otros son pintores y exponen sus obras regularmente en galerias. (Presentación editorial)

aub.jpg

Trintañeiros de lecturas conservadoras

Confeso que nunca fun capaz de ler enteira A historia interminable, nen O señor dos aneis. Quedei atrapada nembargantes nas aventuras dun barón rampante e na saga da Fundación de Asimov. E hai uns anos cando me decidín a ler Harry Potter pregunteime de novo ¿qué carallo lle ven a isto? un neno maltratado pola familia que vai a un colexio interno a aprender maxia. Para máis inri no colexio están os típicos matóns e xogan a un futbol sobre vasoiras voadoras (un verdadeiro coñazo cando narran ditas escenas). Pareceme ben que algúns nenos gusten del, o que non entendo é que fan treintañeiros dicindo que Harry Potter é do mellor que teñen lido (qué terén lido antes, meu Deus?). Está ben, para gustos hai colores. Pero sí coincido no que se dí en Treintañeros atrapados en mundos fantásticos, Faltan lecturas transgresoras. A lectura ten unha función social e o que se ve por ahí é, para o meu gusto, demasiado conservador.

Re-escribindo a Carver

Ay…je suis desolé. Gústache como escribe alguén e de repente descubres que outra persoa retocara e pulira os textos. E agora, pregúntome como facía Silvio Sílvio Rodríguez:

Dónde pongo lo hallado?
En las calles, los libros
La noche, los rostros
En que te he buscado

Aquí sobre a miña querencia por Carver e aquí e alí sobre o reescritura que Gordon Lish fixo dos relatos do autor minimalista.

E aínda por riba, resulta que iso é un asunto xa vello. Sempre me entero tarde.
carver

Tres segundos de memoria

En Tres segundos de Memoria asistimos á experiencia cotía dun rapaz que vive no post-fracaso. Vémolo facer proxectos, e coñecemos o seu entorno de amigos e coñecidos. E de repente di iso tan tremendo que racha con todo: a partir de mañán vou dar un cambio total.
A Ana o final do libro non lle gustou nada, a pesar de que ela é das que din o mesmo que o protagonista: “Vou dar un cambio radical”. A mín sí me gustou, e precisamente o final é o que lle da sentido á história.
Algúns necesitan cambiar totalmente para sentir que cadran na sociedade. Aquí cambiar ven sendo pasar polo aro. Outros digamos que reorientamos a nave, os proxectos de vida e ata as expectativas, pero negámonos a cambiar porque iso é igual que morrer.

Hai tantos libros por ler, tanta música por escoitar e tanto cine por ver que xa hai tempo que penso que non me dá a cabeza para todo. Por iso non entendo como pode haber xente que está ao día de todas as novidades, que le, ve e escoita absolutamente todo, e que aínda por riba manteñen unha vida social máis que aceptable. Teño para min que eses cerebros que sempre teñen unha cita literaria na punta da lingua, e que sempre lembran o nome dun actor que só protagonizou unha película iraní para entregarse logo ao teatro xaponés, agochan carencias tremendas baixo ese veo de cultura atronadora.

En Tres segundos de memoria (pax. 89)
Título:Tres segundos de memoria
Autor: Diego Ameixeiras
Ano de Publicación. 2006
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Narrativa
Número de pax. 216

Doris Lessing: entrevista

En plan aperitivo dominical, unha foto da actuación dos Cempés no teatro Colón de A Coruña, na entrega dos Premios de Música A Opinión.

cempes.jpg

E, por outra banda,  non podiamos deixa pasar a ocasión de falar da escritora e gañadora do Premio Nobel de Literatura 2007.  Maila ser do ano 2005, recomendo esta entrevista que fai fincapé en cuestións moi interesantes coma o que opina a escritora sobre a literatura, o feminismo e o comunismo. Nada que ver coa imaxe mutilada que se le nalgúns medios estes días, que gostan de xeralizar, cando é algo normal non coincidir cos ismos. Todos facemos puntualizacións, e Doris Lessing fainas sobre a cuestión feminista e o seu papel hoxe en día.