Category Archives: Música

Cómicos patéticos

Acabo de ler este artigo de Carlos Tena en Rebelion:
Carta, sin ningún cariño, a algunos cómicos patéticos.
Carta a Joan Manuel Serrat por Farruco Sesto Ministro do Poder Popular para a Cultura da República Bolivariana de Venezuela.
Aínda estou tirada polo chan ríndome con iso de que os mellores hoteis de Caracas, segundo […]

Nova Galega de Danza

Non todo vai ser lectura. Imos relaxarnos cun video de Nova Galega de Danza

Qué o disfrutedes!

Música para o Nadal

Seguimos con outras recomendacións, para que os que xa estéan metidos na voráxine consumista elixan ben: Operación can , Cantos para o Nadal: quiquiriquí, Meniños cantores e por último unha recomendación para os que van ó revés: o cd dos Titiriteros de Binefar para ir adiantando o Carnaval.

Tradición, canon e a gaita do crisóstomo

O meu home leva uns días enganchado á gaita do crisóstomo
Onte, por primeira vez escoiteino cantar en galego e resultoume tan sexy coma cando canta “Naranjo en flor”. Calqueira día deste mandoo a facer os exames do Celga.
E pasando dunha tradición elexida a outras tradicións institucionalizadas, recomendovos o artigo que sobre este tema […]

Premio Cervantes 2007

Mario Benedetti, Juan Gelman y Nicanor Parra, favoritos para ganar el Premio Cervantes
Eu voto por Mario Benedetti ¿e vos?

Moi pronto o imos saber…

Descarga que algo queda

Estou ocupadísima porque atopei este blog All that tango que contén albums enteiros fermosisimos. Agora mesmo, estou vendo un de Brassens. Se che gusta a boa música non deixes de pasaear por este blog que conten enlaces moi valiosos.

Manuel Álvarez Torneiro, un poema

Non é por vagancia que non escribo, máis ven é por non divagar por terreos xa cultivados.
Aquí vos deixo un poema para ir masticando.
E, sen embargo, é doce esa derrota:
dulcificada febre sobre o vidro,
chuvia que se comprace nas maceiras,
a desgana do mundo: ese pasivo
corazón de bodegas e carburos:
cinza do que abrasou o incombustible
e gozou como […]

Ataque nostálxico

Onte entrei no pub de sempre e estaba soando esta canción:

Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.
Durme meu neno, durme
colle forzas,
que a vida que che agarda
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.

De miniaturas e libros

Hoxe atopei estas fotos de bibliotecas en miniatura. Fixenas na miña última viaxe a Asturias.

 

 

Disfrutando no Colón

Onte estiven no Colón e paseino fenómeno. A ceremonia de entrega dos PREMIOS OPINIÓN de música transcurriu axil. Nada de artistas que se eternizan no escenario. Uns catro temas cada grupo e nada de palabrerío oco e banal que alongase o acto.
O que máis me gustou foi a actuación de Xosé […]