Category Archives: Infantil e xuvenil

Libros para o Nadal II

Agora toca libros para os pequenos da casa. Entre os recomendados temos:
oh e ah de Josse Goffin, na editorial Kalandraka. Contemplación de obras de arte para asombrarse e aprender a un tempo.

Os que máis me gustan son os de cores estridentes e texturas e formas de todo […]

Sobre avós e o tempo

Deixo estas recomendacións en libros infantiles que tratan o tema do paso do tempo nas persoas, a idade e a vitalidade.
Avós, de Kalandraka é un libro de Chema Heras e Rosa Osuna, para nenos a partir de cinco anos, é un libro poético con ilustracións a acuarela. Unha forma de atopar a beleza a […]

100 greguerías ilustradas

 

Outro libro da editorial Media Vaca:
100 GREGUERÍAS ILUSTRADAS
Ramón Gómez de la Serna
e con debuxos de César Fernández Arias
Cores chamativas en ilustracións tan orixinais como as greguerías as que acompañan.
 

Novas

Mañá Agustín Fernández Paz recolle o Premio Frei Martín Sarmiento polo seu libro Corredores de Sombra. Máis sobre o tema lendo o naufrágo.
E na Biblioteca Nodal de A Coruña (a de Elviña) hai un obradoiro de poesía que empeza este sábado, impartido pola poetisa Eva Veiga. Podedesvos inscribir por teléfono. Máis na páxina […]

Uxía e os pillabáns van de excursión

A Fundación Sotelo Blanco, coa colaboración de Política Lingüística da Xunta e Area Central organizan un proxecto didácico para a promoción e a lectura en galego entre os rapaces máis novos. O programa, basado na colección da editorial Sotelo Blanco Uxía e os pillabáns desenvolverase tódolos venres e sábado do 6 de outubro ao 15 […]

Libros para os pequenos

 
Gustanme moito as ilustracións deste Lolo anda en bibicleta.
 

Lolo ten o soño de andar en bicicleta, mesmo de ter unha bici de seu. Pero fixo un día unha trasnada das gordas e os Reis Magos, no canto de bici, deixáronlle carbón. De todos modos, Lolo empeza a practicar coa bici do seu pai ás […]

Fada Morgana e o pregón da Feira do Libro

Hoxe estará na Feira do Libro da Coruña Xosé Antonio Neira Cruz, autor do libro “O armiño dorme” que figura na lista dos dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo.
Xosé Antonio Neira Cruz  é o director da publicación Fada Morgana, e vai presentar o número 11 desta revista galega de literatura infantil e xuvenil.
[…]

Venres 3 agosto na Feira do Libro

Hoxe firmaŕan na Feira do Libro da Coruña: Suso de Toro, Agustín Fernández Paz. O escritor Mario Regueira presentará o seu libro Laffiche rouge.
Titulo: Home sen nome
Autor: Suso de Toro
Ano de Publicación: 2006
Xénero: Narrativa
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Coleccion: Narrativa
Número de pax. 400
ISBN. 84-9782-447-4
Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un […]

Resumo do mércores e xoves na Feira do Libro

Imos dar un repaso estes días a algúns dos libros que se estan a presentar ou a firmar na Feira do Libro da Coruña:

A pomba e o degolado
Autora: Casalderrey, Fina
Colección: INFANTIL E XUVENIL >FÓRA DE XOGO
ISBN: 978-84-9782-559-7
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres […]

Fotos "POEMAS PARA PINTAR"

Fotos da presentación o 9 de xuño do ano pasado do libro infantil “Poemas para pintar” de Concha Blanco.
No acto interviron ademáis da autora, os alumnos e alumnas da escola da Igrexa-Cacheiras (CRA de Teo), Dolores Vázquez, Mª.Isabel Lavanderia e Carme Hermida, directora de publicacións Infantís e Xuvenís da Editorial Sotelo Blanco.