Archive for the Category Galiza

 
 

Librerías

Post en Brétemas de librerías con solera en Galicia

E fotos da librería Boekhandel Selexys Dominicanen en Maastricht, Holanda. Esta librería está nunha igrexa antiga de máis de 800 anos de antiguedade.

Xa que estamos, nunca convén esquecer á librería Ateneo Grand Splendid, aberta no ano 2000  en Bos Aires, no que fora gran teatro e sala de cine.

Perigos

Visto aquí ten a súa gracia, pero cando te atopas diante dos machotes coas suas porras guardianas, non ten ningunha gracia.

Ti es dos que botan a correr ou dos que seguen ate o final? Ou es dos que xa nin van?

Ferve a rede

Vieiros convocou un concurso de microrrelatos eróticos (non máis de 550 caracteres). Chámase Ferve a rede. Na súa páxina xa podes ir lendo os textos enviados e ampliando o teu vocabulario sexual en galego. Apúrate, o prazo remata o 10 de marzo.

Desvaríos

Estou bastante perezosa para escribir, así que voume facer un trackback a mín mesma porque onte estiven de excursión cuns amigos.

Para que non se diga que isto está abandonado, tamén deixo unhas fotos duns minimos que sacou pereyra en Bos Aires.

gatolector2.jpg

Gato no parque Rivadavia, Bos Aires, non Ribadavia Galicia.

Por certo, a libreira que deixe de rumiar soa pola tenda e que escriba algo. Non sei para que narices ten dous pcs.

E xa de cotilleo, díxome un colega que me leu un post moi radical, e eu aínda non sei a cal de referiría. Espero que todolos meus post sexan radicais, se vedes algún post centrista ou socialdemócrata por aí, avisádeme que o elimino axiña.

caminito2.jpg

Gato en Caminito.

Nova biblioteca de poesía en Culleredo

Mañá, terá lugar a presentación da nova biblioteca de poesía no pazo Vila Melania de Vilaboa, Culleredo. Estarán a cargo da mesma os poetas Migue Anxo Fernán Vello e César Antonio Molina. Este último aproveitará para presentar o seu libro Eume e a antoloxía en galego que sacou Espiral Maior dos seus poemas: Soños nos cantís. Vai ser ás 17:30h.
Máis información en El ministro de Cultura abre la programación de la sala de poesía

Sobre ilustración

Mañá, venres 22 de febrero ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” celébrase unha Mesa Redonda sobre Ilustración na que participarán Siro López, Xaquín Marín, Santy Gutierrez, Miguelanxo Prado e Carlos López (Chinto).

Asociación Galega de Profesionais dá Ilustración (AGPI)

Non se vende!

Lembrádevos da convocatoria de mañá, na alameda de Santiago ás 12:00h

Entra na páxina Galiza non se vende , le e asina o manifesto.

convocatoriacartaz.jpg

Reserva o teu volume de Harry Potter

 harry-potter.jpg

Se es seguidor das aventuras de Harry Potter non esquezas reservar nesta librería o derradeiro volume da saga. O día 21 deste mes, as 18:30 sairá a venda en castelán, galego e catalán As Reliquias da morte.

Por petición popular

Ante este gran cúmulo de peticións pedindo reseñas, rapidiño e morta de sono, solto un par de impresións daquela enchenta do Nadal. (Agora tamén estou lendo algo, pero non o direi para que non me veñan reclamando críticas ou reseñas).

O que máis me sorprendeu foi a poética de Borges, porque cando a lera hai uns anos non me gustara, nin sintonizará con ela. Agora todo foi distinto e estou enganchada ós seus poemas, tendo que controlarme para non por un post sobre Borges cada día.

Cos que tiven sensacións máis pracenteiras foi cos relatos erótico-sentimentais-festivos-angustiados dos tres libros de Narrativas Quentes: Xeografías, O lobo da xente e Infidelicidades . Se ben é certo que ó meu mozo molestoulle un pouco que me dera tal atracón, porque non o deixei tranquilo nen un segundo. E aunando perversións, o seguinte favorito é Limpeza de sangue porque me lembrou as pelis de Ken Loach, con escenario coruñés. Sinto debilidade pola temática de clase traballadora marxinal e apaleada, ionquis, mendigos, explotadores de traxe caro e demáis ralea. Con Limpeza de sangue quedouseme cara de parva, porque, non sei por mor de qué, pero tiña metido na cabeza que era unha historia da época medieval, con xudeos por medio e expulsións e vai ti saber. Fóraseme a pinza totalmente, supoño que por iso do pensamento único e por deformación medieval, digo profesional. Pero mira ti que non, menos mal! Había moito que non lía teatro, por preguiza, e disfrutei coa trama e os personaxes.
As palabras da neboa sí ten ubicación na idade media, e ten o mérito de que a lin tamén dun tirón sen gustarme demasiado a trama (sí, tamén esotu saturada de atmósfera medieval), todo polo mérito dun estilo que me lembra a Saramago. De feito agora o esta a ler Ana, que seguro que disfruta máis ca min o argumento.

De A lúa dos everglades xa comentara nalgures que é a miña portada favorita e Cardume e ó título que máis me mola. Estas dúas tamén se len rapidiño teñen un argumento interesante, pero conectei menos. Coa primeira porque non empaticei coa parte arxentina (motivos persoais, de novo) aínda que sí tiven me enganchou o desenrolo do argumento en Galicia e Madrid. Con Cardume, a pesar de gustarme a trama, non sei que pasou que fiquei indiferente.

Dos libros de Eva Veiga prefiro Poemas do baleiro a Desconcerto, e de A xeada negra xa falarei cando faga a crítica de Seis cordas e un corazón.

Agora voume a cama que teño na mesiña V de Vendetta: Un comic estremecedor.

Dialecto gallego

Seica van levar a un intérprete do “dialecto gallego” para que axude a Grande- Marlaska. Mira tí, parece que o tempo non pasa…
Funcionarios del Estado “menosprecian” la cultura gallega

Entre o asunto do dialecto e Rajoy que non quer que se ensine galego en Andalucía, non dou pensado en nada ocurrente para un post. Enlacemos, pois: El fantástico Dr. No y los idiomas nacionales

Actualizado 8/02/08:
La Audiencia Nacional rectifica un error cultural