Category Archives: Galiza

De piques, cultura e falacias

Como levaba tempo sen achegarme a un pc veño de darlle un repaso ó meu blogroll e mira tí, xa me deu para outro post.
Resulta que lín que un academico da RAG se picou e andivo a soltar metralla. E claro, xa vin opinións do asunto aquí e alí. Cando o lín viume á cabeza […]

Entrenando para o concerto

Proximamente….. en Santiago de Compostela, un ano máis Bersuit Vergarabat

O día 3 de xullo, porque o tempo non para….
E tamén unha tonada para acompañar ese anuncio das 65 horas semanais, quén diría que estamos no século XXI!

Éche o que hai, como nada podo facer…

As pedras do destino

Imos darlle vidiña ó blog que o temos abandonado. Malo é cando unha empeza a pedir disculpas polo abandono da bitácora. Imos sincerarnos, que para iso son os blogs. A libreira está que se sube polas paredes facendo o que fan os que venden periódicos, que é maldecir todo o puto día ás distribuidoras que […]

Krahe, como tódolos anos

Acabo de enterarme que estivo onte Javier Krahe en Carballo. As datas dos próximos concertos son:
3 de xuño - Café Latino (Orense)
4 e 5 de xuño- Dado Dadá (Santiago de Compostela)
6 de xuño- Bar Aturuxo (Bueu)
7 de xuño- Clavicémbalo (Lugo)

Ana, vai pillando as entradas!

No todo va a ser follar- Krahe

Domingo 18- Santiago


17 de maio en Cacheiras

Este sábado, Día das Letras Galegas, non esquezas ó recital poético-musical consistente nun percorrido pola historia da poesía galega que van será recitar e cantar Anxo Angueira e Leo i arremecághona.
Trátase dunha produción absolutamente novidosa e orixinal que probablemente só se poderá ver en Cacheiras.
Hora: ás 20:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Rosalía […]

Chegou unha postal á libraría

Chamame Ana e empeza a falarme dun artigo que leu en El País dunha tipa que fai esculturas con lápices, e como ela anda moi apurada dígolle que eu porei un enlace ó asunto ese.
Pero o gracioso é cando me di que chegou unha postal para ela. Incrible, empezamos a discutir por teléfono de quen […]

Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.

Foi unha presentación […]

Globos: deseos, ilusións, merda, lixo

Unha pensa que a estas alturas, polo menos as ongs e as institucións públicas xa están concienciadas co tema do medio ambiente e con iso de que está mal encher o espacio de merda, sobre todo por paridas.
Pero non, porque ultimamente non vexo máis que globos ó meu redor. E paréceme unha estupidez e unha […]

Rematou o concurso e algo fede

Sí amigos, o concurso do que xa falamos neste blog Amosanos o que les, xa rematou e eu so me fago unha pregunta.
A ninguén lle resulta estrano que non ganasen as mellores fotografías (falo dende un punto de vista técnico, compositivo, artístico, etc), que non gañasen esas fotografías que nas primeiras semanas eran líderes nas […]