Fotos da presentazón na libraría o venres pasado, do libro: Achegas do alén Miño: Pascoães, Coimbra e Machado na Galiza, de Humberto Busto.
Archivo de la categoría: Fotos
Actualizando enlaces
Acabo de adicarlle un bo tempo á actualización de enlaces de páxinas que cambiaran de servidor. Xa que o blog está en stand by ate octubre, servídevos e visitade os nosos favoritos. Bó verán ( se é que por fin chega o sol o que queda de mes, claro).
E xa que estamos, ahí vai un retrato “sen parecido” do meu careto que me fixo pereyra

Programa de festas Maria Pita

Aquí vai un enlace ó programa de festas de María Pita 2008.
Podemos catalogar este momento como de autobombo, porque se trata dunha desas páxinas que fago cando me da a teima de especular con internet. É algo así como o que facía a muller de Tony Soprano con aquela famosa “casa de especular” á que non lle daba sacado beneficios. Confeso que algúns centimos sí que vou pillando con iso dos anuncios de google. En fin, por se alguén ten interés, aquí queda.
Esta semana eu irei ver a Kiko Veneno que é o que máis me chama da programación total con máis de 300 espectáculos que din que hai. Outros irán ver a Melendi ou Amparanoia, algúns a J.L. Guerra… eu me quedo con Kiko.
Fotos en internet e autores
A semana próxima, como xa comentara, imos ó concerto de Bersuit en Santiago. Aproveitando a viaxe saudaremos a riosik, un bo amigo que acaba de estrear blogue e páxina de fotos. De momento só subiu fotos de Grecia, lugar onde pasa moito tempo e a onde espero ir eu tamén algún día. Gústame a ollada de riosik, tamén ten algunhas fotos na galería de ylogico. Precisamente quería comentar o feito de que hoxe en día case todo dios colla fotos que busca no google sen molestarse en por o enlace ó lugar de onde as sacou ou citar a páxina ou fotografo.

Pasoume xa algo curioso que me mosqueou un tanto. Estou acostumada a que acaben saindo fotos feitas por min noutras paxinas sen citar, enlazar, nin caralladas polo estilo. Pero alucinei cando duas amigas me dixeron, entra no meu myspaces. E hala, entro e as dúas tiñan o seu myspace con albumes cheos de fotos sacadas da miña galería. Fotos miñas, da miña parella, de riosik… E claro, cando os amigos fan algo así, sin darlle a menor importancia á autoría, qué non farán os descoñecidos?

Fotos riosik
En fin, lembrade todos, que o feito de compartir non significa que as cousas non teñan un autor. E cando alguén expon algo e te gusta o mínimo é deixarlle un enlace ó fulano e citar o autor (aínda que as fotos sexan sacadas de flickr e sexan copyleft).
Krahe, como tódolos anos

Acabo de enterarme que estivo onte Javier Krahe en Carballo. As datas dos próximos concertos son:
3 de xuño – Café Latino (Orense)
4 e 5 de xuño- Dado Dadá (Santiago de Compostela)
6 de xuño- Bar Aturuxo (Bueu)
7 de xuño- Clavicémbalo (Lugo)

Ana, vai pillando as entradas!
No todo va a ser follar- Krahe
Unha libraría de Paris

Hai uns días vagabudeando por flickr, atopeime con unhas fotos da libraría parisina Shakespeare and Company e qué diríades que me viu á mente?
O barrio Latino? Shakespeare? Paris? O olor dos libros? O Ulises de Joyce?

Non, o que lembrei foron escenas daquela vella serie de televisión Os inmortais (Highlander), co atractivo protagonista MacLeod interpretado polo actor Adrian Paul, e a música de Queen. E así de divagación en divagación lembreime daquela fermosa barcaza atracada no Sena, na que o protagonista vivía. E tamén lembrei as veces que saíra esa libraría na serie.
O que non sabía era a história que hai detrás dela, como por exemplo que nos anos 50 moitos escritores como por exemplo Allen Ginsberg, Gregory Corso e William Burroughs se aloxaban alí.

En fín, outro lugar máis para a lista de lugares que visitar.
Máis informacíón en Shakespeare & Co.: Un lugar para soñar
Na cuneta do tempo

Foto vía subcomandanta en Flickr.
Somente o alucinado
na cuneta do tempo,
ó pé do sílex
mordendo unha mazá,
contra corrente
regresa ó Paraíso
Manuel Álvarez Torneiro***
Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.
Foi unha presentación moi entretida, e na que descubrimos moitas cousas sobre o protagonista do libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez.
Convivir convivencias

Fotografía de Félix Fernández.
Hoxe paseando pola zona do Obelisco, en Coruña, atopeime con esta exposición de textos e fotografía: C2 Convivir Convivencias.
Disfrutei coas fotos xigantes e cos textos, sobre todo con este de Diego Amaixeiras. Os outros textos son de Alexandre García-Caballero, Covadonga Carrasco e Xoán Creus, Emma Pedreira, Modesto Fraga, Rosa Aneiros, Xosé Díaz Díaz, Yolanda Castaño, Xosé Díaz Díaz, María do Cebreiro, Lupe Gómez e Paulo Martínez Lema. As fotografías son de Andrea Costas, Maribel Castro, Victoria Diehl, Félix Fernández, Fran Herbello, Antía Moure e Damián Ucieda Cortés.
Rematou o concurso e algo fede
Sí amigos, o concurso do que xa falamos neste blog Amosanos o que les, xa rematou e eu so me fago unha pregunta.
A ninguén lle resulta estrano que non ganasen as mellores fotografías (falo dende un punto de vista técnico, compositivo, artístico, etc), que non gañasen esas fotografías que nas primeiras semanas eran líderes nas votacións? A ninguén lle resulta estrano que algunhas das gañadoras teñan os nomes dos votantes en orden alfabético?
E quede claro que non acuso a ninguén de facer trampas, so digo que é vergonzoso convocar un certame ou premio tan fuleiro, sí, un certame onde calqueira pode facerse 200 contas de email e votarse a sí mesmo. Non me parece de recibo, que queredes que vos diga.
E por certo, as miñas favoritas eran a do tio lendo no metro e a do profesor lendo co alumno. Menuda calidade!!
Pero como teño este blog, veña, pateemos. Eu xa teño unha olympus reflex dixital, pero facíame ilusión participar nun concurso. Nun primeiro momento pensei, molesto a todolos meus amigos para que me voten? tamén pensei (pillabana que é unha) en facerme contas de email a nome de toda a lista que aparece na páxina da mesa, pero afortunadamente decateime de que iso sería demasiado patético e esquecín o asunto. Ata agora que estiven pola páxina de dito concurso e notei un fedor.
