Archive for the Category Eventos

 
 

O Golem, Borges

Hoxe quería escribir un post homenaxe a Arxentina. Dubidaba entre pór La argentinidad al palo ou un texto de Borges. Decidinme polos dous. Arxentina ten outro golem máis.

Como notas culturais para perdidos na política internacional e para que non distingue radical de peronista, recomendo o meu querido pereyra e o post en im-pulso sobre o mesmo tema.

Si (como afirma el griego en el Cratilo)
el nombre es arquetipo de la cosa
en las letras de ‘rosa’ está la rosa
y todo el Nilo en la palabra ‘Nilo’.

E de propina esta noticia sobre a película na que Borges interpretou a un personaxe seu. Ler en La Nación.

Disfrutando no Colón

Onte estiven no Colón e paseino fenómeno. A ceremonia de entrega dos PREMIOS OPINIÓN de música transcurriu axil. Nada de artistas que se eternizan no escenario. Uns catro temas cada grupo e nada de palabrerío oco e banal que alongase o acto.

O que máis me gustou foi a actuación de Xosé Luis Miguelez e a dos Cempés. Tamén flipei co virtuosismo do pianista de Nordestinas e co talento vocal das catro mulleres que subiron ó escenario. Non vou profundizar en máis detalles, que xa os da o periódico. So dicir que o espectáculo foi soberbio e que agora teño un libro máis .
Vídeo de Xose’L. Miguelez

Vídeo de Os Cempés

Premios A Opinión

A próxima semana (o 11 de outubro) terá lugar no teatro Colón da Coruña, ás 20:30 horas, unha nova edición dos Premios Opinión (sexta edición).
Actuarán Nordestinas, Os Cempes, Maite Dono e Xosé Miguélez.
Para conseguir a invitación recorta o cupón que vai co xornal e entregao na sede do mesmo situada na Rúa Franxa 40-42. Alí daranche a invitación. Eu xa teño a miña ;)

Saen bolsas para biblioteconomía en Galiza

bolsa01.JPG

No DOGA de hoxe sae a Orde do 28 de setembro de 2007 pola que establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios.

Son trinta e unha plazas e un orzamento para o ano 2007, por un importe de vinte e seis mil trescentos cincuenta euros (26.350 €), e para o 2008, por un importe de douscentos oitenta e nove mil oitocentos cincuenta euros (289.850 €), ata acadar unha suma total de trescentos dezaseis mil douscentos euros (316.200 €), que queda condicionada á existencia de crédito adecuado e abondo para o seu financiamento.

Artigo 1º
1. Convócanse bolsas de formación en biblioteconomía mediante colaboración titoriada na organización e descrición de fondos e actividades de biblioteconomía en bibliotecas, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
1. Requisitos dos solicitantes:
-Titulación universitaria de diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía, documentación, historia, filoloxía ou humanidades.
-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
-Non se beneficiar anteriormente durante un período superior aos 12 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, logo de iniciado o período de vixencia.
2. Presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Deporte ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Información completa no DOGA do 4-10-07 (arriba tedes o enlace para baixalo)

bolsa02.JPG

E ¿a qué veñen as fotos? Pois a que a libreira descubriu algo novo que facer con todos os posters que lle envían das editoriais e da Xunta promocionando a lectura: bolsas por aquí e por alá.

bolsa03.JPG

Uxía e os pillabáns van de excursión

pillabans.jpg

A Fundación Sotelo Blanco, coa colaboración de Política Lingüística da Xunta e Area Central organizan un proxecto didácico para a promoción e a lectura en galego entre os rapaces máis novos. O programa, basado na colección da editorial Sotelo Blanco Uxía e os pillabáns desenvolverase tódolos venres e sábado do 6 de outubro ao 15 de decembro.
O programa inclúe contacontos, animacións e obradoiros de debuxo dirixidos por profesionais da animación cultural. (Lido en Fervenzas Literarias)

Concerto en Santiago e bolsa para bibliotecas

Bersuit Vergarabat vai dar un concerto en Santiago. Máis en Ylogico.

Parece que Cultura convoca 31 bolsas de formación en biblioteconomía

Comunicado

Comunicado da asociación Verbo Xido:

O vindeiro martes, 2 de outubro, ás 10’00 h. celebrarase no Xulgado da Estrada (Pontevedra) o xuízo contra Dionisio Pereira, demandado pola familia do ex-alcalde falanxista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres.
A asociación Verbo Xido de Terra de Montes fai un chamamento para acudir ese día ao xulgado e solidarizarnos con Dionísio, así como para reclamar o dereito a saber e a liberdade de expresión.

A familia dun alcalde franquista demanda un historiador

En solidariedade co historiador Dionisio Pereira

Carta do historiador Dionisio Pereira

En vieiros

Exposición de comic en Compostela

cartel.jpg

Exposición o 3 de outubro adicada a Fran Bueno,  veciño de Cacheiras, e David Rubín, ganador do VI Premio da Crítica á mellor obra de 2007 de todo o Estado co álbum “La tetería del Oso Malayo” . Terá lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, Santiago de Compostela.

Visto en Entrecomics

A fotografía que ven

Na revista de El Cultural veñen esta semana duas novas interesantes:

La fotografía invade Galicia que fala do festival PhotoGalicia que vai achegar a Galicia mostras dos fotógrafos Alberto García-Alix en Pontevedra,  Sylvia Plachy en Lugo,  Manuel Vázquez en Orense,  Selbastião Salgado en Santiago de Compostela e Man Ray en A Coruña.

Paul Auster, falando de A vida interior de Martin Frost, o seu segundo filme, que está baseado na personaxe de O libro das ilusións. Libro que me gustou bastante ó contrario do que me sucedeu con Viaxe polo scriptorium.

Varias do día

dal_86.jpg

Foto: Dalmiro Castro. Visto en Flickr.
El honor perdido de… (non o de Katherine Blum, senón o da SGAE).

Sobre os Libreiros e o artigo de Eduardo Mendoza, en Los futuros del libro.

Leo en Fervenzas Literarias que hoxe Alfredo Ferreiro vai recitar a partires das 20.00 h. na Galería Sargadelos (R/ Real, 56, A Coruña) os seus poemas pasados e presentes