Category Archives: Eventos

Brindo

Hoxe cumpre un ano máis a libreira!

Brindo por ela e pola súa super festa de cumpreanos, con esta canción que tantos recordos nos traen as dúas.

Reserva o teu volume de Harry Potter

 
Se es seguidor das aventuras de Harry Potter non esquezas reservar nesta librería o derradeiro volume da saga. O día 21 deste mes, as 18:30 sairá a venda en castelán, galego e catalán As Reliquias da morte.

Amósanos o que les 2008

Hai un concurso de fotografía das Bibliotecas municipais de Coruña. Isto sírveme de excusa para colocar aquí unha foto de Ana, disfrazada de Pipi, lendo un libro de poemas de Caballero Bonald (se a memoria non me falla) que acababa de chegarlle á tenda.

A min gustaríame enviar ó concurso a foto que me fixo pereyra […]

Para qué serve a literatura?

Yolanda Castaño e Teresa Moure van falar hoxe sobre este tema no local de Caixanova en A Coruña. Será as 20.h. Pregúntome se tamén entrarán no tema de se é boa a literatura galega, xa que tanta polémica hai sobre o tema nestes días. Desafortunadamente non me vou enterar porque de momento aínda non teño […]

O mar

Non te perdas a novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que vai ter coma protagonista o mar. ¿A qué esperas? do 27 de xaneiro ó 2 de febreiro en Pontevedra. Consulta no enlace anterior o programa,  as conferencias, e os diversos obradoiros que haberá. O país invitado é Cuba.

Exposición da memoria histórica en Sigüeiro

A propósito da exposición que van facer en Sigueiro, aquí tedes unha boa colección de fotos sobre Galicia, relacionadas coa memoria histórica.  Sobre a Ley de memoria histórica de España.
EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA EN SIGÜEIRO,
CONCELLO DE OROSO.
(A 12 quilómetros de Compostela en dirección A Coruña)
DATAS: Do 16 ao 30 xaneiro 2008
HORARIO: De luns a sábado […]

Recital Ouriol

Mañá mércores os que esteades por Coruña non vos perdades o recital do grupo Ouriol, comandado pola poeta Eva Veiga, ás 20:30.
Co título de O sexto sentido van presentar no salón de actos da biblioteca “Miguel González Garcés”, un recital con poemas de R. Carver, Blake, Cavafis, Sylvia Plath, Paul Celán e outros autores traducidos […]

Implicadas/os no desenvolvemento

III IMPLÍCATE! NOITE DE MÚSICA E PALABRA SOLIDARIA
Varios artistas galegos colaboran no evento de hoxe a prol da sensibilización cidadá e da cooperación: a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Isabel Blanco e Yolanda Castaño que presentarán e conducirán o evento. O longo do acto haberá actuacións de danza, teatro, […]

O val do Ulla: presentación

Como xa anunciaramos tivo lugar o martes 11 a presentación do libro:
O val do Ulla. Unha comarca natural
Editado por: Asociacion raiceiros.
Autores : Henrique e Xerardo Neira Pereira, Andrés Tarrío Barreiro, Gerardo Albela González, Darío Janeiro Pereira e José Manuel Vilas Álvarez.
Na presentación destacouse a necesidade de dispor de información sobre a arte e as […]

Presentación na libraría

Faise saber que mañá as 20.30 terá lugar a presentación, nesta libraría, do libro ‘O Val do Ulla. Unha comarca natural, publicada pola Asociación Raiceiros.
Leer máis