Category Archives: Cultura

Nadja, c’est moi

A beleza será convulsiva ou non será. André Breton. Nadja
Xa rematei de ler o libro de Xosé Luís Mosquera Camba que se presentou en Carral hai unha semana. Gustoume moito. Tanto o poemario como a portada (que algúns lembrarán tela visto online noutros lares) reflexan unha creatividade individualista lonxe dos sendeiros da manada institucionalizada […]

As pedras do destino

Imos darlle vidiña ó blog que o temos abandonado. Malo é cando unha empeza a pedir disculpas polo abandono da bitácora. Imos sincerarnos, que para iso son os blogs. A libreira está que se sube polas paredes facendo o que fan os que venden periódicos, que é maldecir todo o puto día ás distribuidoras que […]

Krahe, como tódolos anos

Acabo de enterarme que estivo onte Javier Krahe en Carballo. As datas dos próximos concertos son:
3 de xuño - Café Latino (Orense)
4 e 5 de xuño- Dado Dadá (Santiago de Compostela)
6 de xuño- Bar Aturuxo (Bueu)
7 de xuño- Clavicémbalo (Lugo)

Ana, vai pillando as entradas!

No todo va a ser follar- Krahe

Unha libraría de Paris

Hai uns días vagabudeando por flickr, atopeime con unhas fotos da libraría parisina Shakespeare and Company e qué diríades que me viu á mente?
O barrio Latino? Shakespeare? Paris? O olor dos libros? O Ulises de Joyce?

Non, o que lembrei foron escenas daquela vella serie de televisión Os inmortais (Highlander), co atractivo protagonista MacLeod interpretado […]

Poesía e copas

E mañán no pub Momo de Santiago, Alberte Momán, recitando a iso das 21:00 horas.
Lido en Alberte Momán 

17 de maio en Cacheiras

Este sábado, Día das Letras Galegas, non esquezas ó recital poético-musical consistente nun percorrido pola historia da poesía galega que van será recitar e cantar Anxo Angueira e Leo i arremecághona.
Trátase dunha produción absolutamente novidosa e orixinal que probablemente só se poderá ver en Cacheiras.
Hora: ás 20:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Rosalía […]

Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.

Foi unha presentación […]

Brillante Weblog 2008

Pois para seguir co tema do premio Brillante Weblog 2008 que me concedeu Felix de Im-Pulso, imos pór a miña lista dos sete premiados:
Apostillas literarias porque sempre ten novas moi interesantes sobre literatura.
A cova do raposo porque escribe bos poemas e ademáis lle gusta Rosendo e Cortazar.
Leoeosseus por eses relatos antropolóxicos, por exercer de pai […]

Anarquía significa …

Anarquía significa “sin líderes”, no “sin orden”. Non está de máis lembralo cando tanta xente usa o termo anarquía como sinónimo de caos.
No Saberes de La Opinión de Coruña de hoxe viña un artigo de Méndez Ferrín sobre un dos meus heroes favoritos. O artigo titúlase Apoloxía do terrorismo. Falando da programación televisiva dí […]

De comic

No Babelia desta fin de semana atoparedes entrevistas e entretidos artigos sobre o comic:
El tebeo se hace novela
Todos los rostros de Moebius