Archive for the Category A cheirar na tenda

 
 

Música para o Nadal

Seguimos con outras recomendacións, para que os que xa estéan metidos na voráxine consumista elixan ben: Operación can , Cantos para o Nadal: quiquiriquí, Meniños cantores e por último unha recomendación para os que van ó revés: o cd dos Titiriteros de Binefar para ir adiantando o Carnaval.

dscf9460.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…

Libros para o Nadal I

dscf9563.jpgEstaba pensando en escribir sobre as recomendacións para o Nadal, pero como atopei este artigo en La opinion de A Coruña co que coincido en case todo, mellor ledeo e elexide vos. Aquí deixo mostras dalgunhas das portadas de libros en galego que temos na librería e que recomendo para este nadal.

E graciñas ós de kalandraka pola súa homenaxe ás librerías. A verdade é que si nos bombardean, persiguen e atiborran de novidades, como din no seu blog , no que por certo hai que identificarse para deixar comentario. Algo lioso para xente que sempre anda as presas, coma mín. Bo Nadal a todos.

dscf9372.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…

O val do Ulla: presentación

guia071.jpgComo xa anunciaramos tivo lugar o martes 11 a presentación do libro:
O val do Ulla. Unha comarca natural
Editado por: Asociacion raiceiros.
Autores : Henrique e Xerardo Neira Pereira, Andrés Tarrío Barreiro, Gerardo Albela González, Darío Janeiro Pereira e José Manuel Vilas Álvarez.

Na presentación destacouse a necesidade de dispor de información sobre a arte e as zonas de interés natural que temos na nosa comarca. Así como a importancia desta última como unidade cultural e paisaxística que engloba características comúns a todalas parroquias que nela se incluen.


Den ganzen Beitrag lesen…

A min sí me gusta Dexter, e que?

Recomendo La abuelita de Rosa Montero un post do xenial escritor arxentino Hernán Casciari sobre a escritora. Contra a estupidez de soltar cifras a chou o mellor son os argumentos razoados.
Vía Escolar

Presentación na libraría

rioulla.jpg

Faise saber que mañá as 20.30 terá lugar a presentación, nesta libraría, do libroO Val do Ulla. Unha comarca natural, publicada pola Asociación Raiceiros.

Leer máis

Lecturas

antiborges.jpgSeguimos lendo: a libreira entre traballo, máis traballo e festas desenfrenadas rematou de ler La ladrona de libros de Markus Zusak, Cuspirei sobre as vosas tumbas e O señor Ibrahim e as flores do Corán. Eu vin a peli basada neste último libro, e a recomendo con moito entusismo.

Pola miña banda ando en múltiples tarefas como é propio dunha mente dispersa e multitarefa: Pornografía de Boris Vian, Pornografía de Lupe Gómez (xuro que foi coincidencia) , Antiborges de M. Lafforgue, e varios relatos de Borges.

E logo din que non lemos nadiña. Ah, tamén ando ó tanto co tema da enquisa PISA: PISA Morena ¡Subimos UN Punto!


Den ganzen Beitrag lesen…

Ratas en Manhattan

ratas.jpgXa que veño de ler o libro do autor guardés Francisco Álvarez, alias Koki, imos adicarlle unhas liñas.

Ratas en Manhattan son un conxunto de dezaoito relatos que se ambientan na experiencia da emigración galega en Nova Iorque. Xurden,  en cada relato,  as referencias ó pasado dos personaxes en Galicia. As crónicas que falan das desventuras polas que pasan diferentes figuras,  na voz narradora de Francisco Álvarez, lémbranme ás histórias que, escoitadas nas tabernas, dan conta das aventuras de mengano aló na Suiza ou de fulano aló en Nova Iorque.

Tódolos relatos teñen esa forma narrativa tan galega que compaxina a descripción e a retranca. Retratos rápidos e amargos que poderían ser de calqueira outra cidade con emigrantes, ¿Qué máis da que a narración teña lugar en  N.Y., Bos Aires, Madrid, Barcelona ou en Vigo? O protagonismo é dos ollos de quén está fóra do seu fogar, do desarraigo.


Den ganzen Beitrag lesen…

Terror na libraría

Dende o día de difuntos temos disfrutado na libraría de momentos terroríficos coa decoración de novembro. Encántame facer estas trapalladas que a hormiga califica coma “conadiñas”.  A ver se vos gustan as fotos que fixen.

terror03.JPG


Den ganzen Beitrag lesen…

La saga de los Aznar

Houbo uns tempos moi grises de postguerra nos que moitos nenos e adultos buscaban refuxo nunha colección mítica. Nela contábanse historias de planetas lonxanos e as vivencias dunha gran e extensa familia: os Aznar. Cando pases pola librería non deixes de ollar La saga de los Aznar, do falecido escritor Pascual Endíganos que firmaba co seudónimo de G.H. White. Literatura fantástica que contribuiu moitisimo á lectura e que estou segura continuará gustando hoxe.

Tamén temos a trioloxía do mesmo autor Heredó un mundo.

tomo01.jpg

tomo-2.jpg

 

Sobre avós e o tempo

Deixo estas recomendacións en libros infantiles que tratan o tema do paso do tempo nas persoas, a idade e a vitalidade.

Avós, de Kalandraka é un libro de Chema Heras e Rosa Osuna, para nenos a partir de cinco anos, é un libro poético con ilustracións a acuarela. Unha forma de atopar a beleza a través doutra mirada. Moi tenro.

avos.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…