Category Archives: A cheirar na tenda

Por petición popular

Ante este gran cúmulo de peticións pedindo reseñas, rapidiño e morta de sono, solto un par de impresións daquela enchenta do Nadal. (Agora tamén estou lendo algo, pero non o direi para que non me veñan reclamando críticas ou reseñas).
O que máis me sorprendeu foi a poética de Borges, porque cando […]

Amósanos o que les 2008

Hai un concurso de fotografía das Bibliotecas municipais de Coruña. Isto sírveme de excusa para colocar aquí unha foto de Ana, disfrazada de Pipi, lendo un libro de poemas de Caballero Bonald (se a memoria non me falla) que acababa de chegarlle á tenda.

A min gustaríame enviar ó concurso a foto que me fixo pereyra […]

Shaun Tan

Angulema premia ‘Emigrantes’ Visto en Público.es
Se cadra xa che soa o nome deste autor polo libro La cosa perdida.
Máis sobre o autor aquí

História da selección galega de fútbol

Xa temos na libraría o libro de Jorge Manuel Deza Rey,  História da selección galega de fútbol.

Máis información en Producións Peludas

Axendas 2008

Para o novo ano estaría ben ir facendose cunha axenda. Eu xa teño a miña. Podes conseguir unha igual nas tendas de comercio xusto ou aquí. Aínda que non sei para qué porque sempre acumulo axendas que so teñen anotacións no mes de xaneiro. Logo esquezome de anotar nada. Cando quero apuntar unha cita non […]

Libros para o Nadal IV

Hai libros para ler e libros para imaxinar e libros para facer todo iso e xogar con eles. Coma estes das fotos. Así podes ter a reproducción do Titanic, ou o teu propio hospital de xoguetes ou apalpar e disfrutar figuras extranas en tres dimensións .

Bestseller e fin de ano

Aproveito para desexar a todo o mundo un feliz fin de ano e facer algunhas recomendacións da internet. Hai nadiña comentaba o bestseller de Noah Gordon e xusto veño de ler un artigo do escritor titulado Anatomía de un ‘best seller’ que me pareceu interesante porque revela a fórmula máxica para o éxito.
Seguindo co tema […]

Libros para o Nadal III

Adicado a María que di que nunca falo de libros en castelán. Ahí van uns cantos:

Non lín La bodega de Noah Gordon, pero as anteriores obras deste escritor resultáronme moi entretidas (El rabino, El médico, Chamán, La doctora Cole…) así que sería un dos meus recomendados para este Nadal.

Outra obra de moito éxito, recomendable […]

Libros para o Nadal II

Agora toca libros para os pequenos da casa. Entre os recomendados temos:
oh e ah de Josse Goffin, na editorial Kalandraka. Contemplación de obras de arte para asombrarse e aprender a un tempo.

Os que máis me gustan son os de cores estridentes e texturas e formas de todo […]

De estrenos e felicitacións

Estrenamos diseño e aproveitamos para pedirlle ós monárquicos que se apuren coas cartas para o cofre real da libraría. Os republicanos poden deixar as súas tamén pero igual non lle dan regalo por desleais. Non sei como funcionara isto dos Reis Magos. A mín nunca me trouxeron nada.

Tamén, de paso colocamos no blog algunhas […]