Author Archive

 
 

Jose Luis Sampedro dixit

Acabo de ler a entrevista a Jose Luis Sampedro en publico.es e chapó! Deixo un anaquiño aquí:

 

¿Y qué esperanza ve?

Creo que la ciencia. Ahora el capitalismo se desmorona, porque la muerte es el precio de la vida. Las sociedades son seres vivos, se descomponen. Las diferentes subestructuras básicas no funcionan a la vez. Hay anacronismos, distonías. Salvo en la ciencia.

¿Qué anacronismos?

La Iglesia está plantada en el siglo XVI. La economía actual se basa en el axioma de que el mercado, con su famosa mano invisible, consigue que la suma de los egoísmos lleve al bien común. ¡Mentira! Pero todo se monta sobre esos supuestos básicos del siglo XVIII. La política, tras montar la representación parlamentaria a raíz de la Revolución Francesa, está viciada. Mandan unas oligarquías que controlan la creación de opinión. Lo único que avanza es la ciencia, que sigue aportando conocimientos del espacio, materiales y recursos de comunicación, de informática, de genética, de nanotecnia. Cuando pienso en la diferencia entre el mundo en que yo nací y este, imagino lo que vivirán los jóvenes y…

¿La barbarie que pronostica puede adoptar la forma de nuevos autoritarismos?

Sí, pero también puede ser una sociedad de insectos, con clases. Piense en la brecha digital que se está abriendo. Podría gobernar una élite que crease una situación de simulación de libertad, ofreciendo determinados atractivos. Pero la libertad es como una cometa. Vuela porque está atada y la cuerda es la responsabilidad.

Empezando con Jacques Tardi

 Estou empezando o ano con moito humor. Humor en branco e negro, da man de Jacques Tardi e Léo Malet. Destes dous xenios lín Niebla en el puente de Tolbiac, Huele a muerto, e Reyerta en la feria. Disfrutei moito coas frases de novela negra e o sarcasmo dos personaxes e por suposto cos escenarios de Tardi e eses personaxes tan pintorescos. Aviso, cando leades a Tardi buscade no final do comic o mapa das rúas de Paris nas que se ubica a historia.

reyerta.jpegsoldado-varlot.jpg

Unha vez atrapada no mundo de Tardi xa non fun quen de regresar e devorei tamén a orixinal Ici même en colaboración con Jean-Claude Forest (o pai de Barbarella), El soldado Varlot que retrata moi ben a traxedia da guerra e por último estoume entretendo coas historias de Adèle Blanc-Sec. Unha moza atrevida e sen medo ó ridículo. Nestas historias predomina a cor e os diálogos de tolos. Todo ten un aire raro pero encantador e sobre todo moi imaxinativo.

niebla-puente-tolbiac.jpghuele-a-muerto.jpg

Fáltame por ler aínda Calle de la estación,120 , La guerra de las trincheras e a serie El grito del pueblo sobre a Comúna de Paris.

adele-blanc-sec.jpg

Guía sobre as aventuras extraordinarias  de Adele Adele Blanc-Sec

ici-meme.jpg

Hasta aquí chegan as recomendacións de ano novo.  Tardi ten tódolos ingredientes necesarios para pasarte un fin de semana de luxo. Para os que aínda non o teñan disfrutado, ánimo! non vos vai defraudar este mestre do comic europeo.

Manualidades no nadal

reis04.JPG

Empezaos a entrega de novidades de Nadal. “Alguén” se apresurou a enviarnos fotos da libraría cos bonecos feitos a man.  Vemos pois, unha mostra de todo tipo de decoración, o boneco de neve, a coroa real (eu sigo mantendo que os reis só dan gastos, pero bueno…) o tradicional belén, e unha estampa de reis magos que parecen máis ben un grupo de rock.

reis03.JPG

E aquí vedes os reis magos, que por certo,  teñen uns ollos que me fan lembrar as antigas esculturas mesopotámicas.

reis05.JPG

Sexamos sinceiros, aprecio tan grande esforzo manual na elaboración dos bonecos, pero o da dereita semella un caganet, o do centro parece un  cantante de coro e o rei da esquerda ten unha pinta moi chunga, que pensades vos? está deprimido ou está resacoso….?

Máis de Chicho

Para a lembranza…
Chicho: el eco de su garganta

Para esquecer….. palabras ocas dunhas organizacións que teñen agora como fin que os empregados sexan “relativamoente ben despedidos” no canto de movilizalos para esixir o dereito ó traballo.

¿Qué papel juegan los sindicatos en la crisis?

Visto en Publico.es

Sobre cambios

obama.jpg

De Paula Cabildo, “Cambiar para seguir igual”

Visto aquí

Diarios e un collage

Estoume divertindo estes días lendo Diarios de Fernando Pessoa. Unha recoñecese nesas frases comúns de : “Non fixen absolutamente nada” ou ” Sempre o deixo todo para o último  momento” ou unha das anotacións máis frecuentes “fun a casa de fulanito e logo A Brasileira”, qué vida a dos poetas! Por fin algo en común, eu tamén son carne de bar…

diarios.jpg

En fín que para os que lles gusta este poeta luso, seguro que disfrutan o libro. E para os que non gusten del seguro que tamén han saber apreciar esa intimidade que nos achega Pessoa nas suas reflexións. Por exemplo , sabiades que se consideraba un anarquista intelectual?

Por outra banda, hoxe fixen un collage; espero que os críticos sexan cautos, foi a miña primeira vez, pero divertinme tanto que vou repetir.

variable-peque.jpg

Dende o xardín

Onte volvín a ver a película Desde el Jardín, dirixida por Hal Ashby e con Peter Sellers facendo o papel protagonista de Mr Chance. A historia baseouse nun libro de Jerzy Kosinski.
jardin.jpg
Resulta duro ver ficción e recoñecer nela a política actual. A história relata como calquer parvo, que non sabe nada máis que o que ve na televisión, pode chegar a presidente dun país se os que deciden nas cuestións economicas o ven adecuado ós seus intereses. O protagonista non se atraganta comendo, pero queda ben claro que é un ignorante e que non sabe de nada máis que de como cuidar as prantas. É tan cortiño este personaxe que non ten medo de decir o que pensa, non ten límites, e iso fai que os outros lle atribuan un halo misterioso. Se non ten pasado será porque escondeu todolos datos da súa vida, logo é intelixente.

desdeeljardin.jpg

Xa que logo, aprendamos do protagonista a camiñar sobre as augas, que tanto coñecemento so sirve para facernos desgraciados. Sexamos simples espectadores, como Mr Chance, a quen só lle gusta mirar.

Volta ó blog en tres libros

Volta ó colexio e volta ó blog semiabandonado. Mentras na libraría todo son presas, aquí no blog seguimos con calma este comenzo de curso.

manifiesto.jpg

Hai uns días, sumida na apatía e con ganas de pasar o tempo lendo algo que requerira pouco esforzo collín da estantería un libro de Frederick Forsyth, El manifiesto negro. O que pretendía cumpriuse, non tiven que esforzarme por meterme na trama, e o día pasou axiña lendo esta novela de intriga, espionaxe e rusos medio apampanados. De feito lembreime mentras o lía do que sempre comentaba o meu pai cando de pequena miraba aquelas películas de nazis e xaponeses tan burros e malos. Meu pai sempre soltaba o mesmo: “Non eran tan parvos os alemáns filla”.

E con esa frase quedeime respecto ós rusos desta novela. Tan parvos non serían. Nin tan bos ese grupo de eminentes personalidades do mundo político occidental (entre os que se atopaban banqueiros e Margaret Tacher e Bush pai) que pretenden salvar a Rusia dun monstruo fascista (¿quen a salvará do neoliberalismo?, digo eu). Pero bueno, comento só este libro por pasar o tempo, non é que sexa recomendable (con tanta cousa boa por aí solta).

intencions.jpg
O outro libro que veño de rematar e sí é recomendable é “As mellores intencións” , de Begoña Paz. Unha novela que tamén se lee dunha corrida.  Narra a historia dun home solitario cunhas carencias afectivas ben gordas que tenta protexer a unha nena.  O final chamoume a atención porque vin certa analoxía coa forma de morrer un dos protagonistas  da serie dos Soporano . É unha trama tenra pero non babosa coa que nos podemos identificar moi ben, porque quén non ten sentido a necesidade de arrancarlle un cativo a uns malos proxenitores? Eu confeso que sí, e moitas veces.

campesino.jpg
Por último, aproveitando que me sentei a postear, e volvendo á U.R.S.S, quería comentar que estou lendo “Comunista en España y Antistalinista en la U.R.S.S.”, de Valentín Gonzalez, “El Campesino”. Unha vista moi interesante da Rusia de Stalin, e dende logo un libro do que podemos tirar moito proveito.

Espectáculos

Mais vale tarde, así que tamén aquí lle rendimos homenaxe o escritor Mahmud Darwish morto recentemente.   Tamén se comentou en Acuática e Casatlantica.

Deixo un poema deste autor que recollín na páxina de poesía árabe

Traducido do árabe por:
María Luisa Prieto

MOSCAS VERDES

El espectáculo es eso. Espada y vena.

Un soñador incapaz de ver más allá del horizonte.

Hoy es mejor que mañana pero los muertos son los que

se renovarán y nacerán cada día

y cuando intenten dormir, los conducirá la matanza

de su letargo hacia un sueño sin sueños. No importa

el número. Nadie pide ayuda a nadie. Las voces buscan

palabras en el desierto y responde el eco

claro, herido: No hay nadie. Pero alguien dice:

“El asesino tiene derecho a defender la intuición

del muerto”. Los muertos exclaman:

“La víctima tiene derecho a defender su derecho

a gritar”. Se eleva la llamada a la oración

desde el tiempo de la oración a los

féretros uniformes: ataúdes levantados deprisa,

enterrados deprisa… no hay tiempo para

completar los ritos: otros muertos llegan

apresuradamente de otros ataques, solos

o en grupos… una familia no deja atrás

huérfanos ni hijos muertos. El cielo es gris

plomizo y el mar es azul grisáceo, pero

el color de la sangre lo ha eclipsado

de la cámara un enjambre de moscas verdes.

Ramala, agosto del 2006.

(Publicado en la revista al-Karmel)

**********

E por outra banda, so comentar que xa nos queda pouco de estar así como estamos, medio desaparecidas da blogsfera.

Unha recomendación: José Luis Cuerda “Era una época de podredumbre moral”

Buscando ó coelliño

Estiven dando unhas  voltas pola Feria do Libro de Coruña e quero contar algo que  vin na caseta de kalandraka e que me fixo moita gracia. Estaba unha nai mercándolle un libro a súa filla duns  ¿ 4 , 5, 6 anos?  Non saberia dicir a idade.  O home da caseta alcanzaballe  este libro  á nena;  pero  ela batía nas taboas do mostrador como se estivera nunha taberna (a nena estaba subida enriba dun taburete de plástico) e berraba teimuda:

“Non, ese non!!!!!!!! Eu quero un do coelliño!”

Os de kalandraka tamén teñen este dun coello:

ana-222.jpg

Pero penso que a nena estaba empecinada nun do coelliño branco e repetíalle á nai que queria un  libro do coello como o que tiña na escola.  Sería tal vez un destes coelliños da Editorial Tambre ?

dscf8327.jpg

dscf8332.jpg

dscf8335.jpg

O caso é que pese a que lle ofreceron un elefante, un avestruz e ata unha cebra, a nena marcho sen ningún libro, porque ela sabía moi ben o que quería.

dscf9982.jpg

Por certo, eu vin noutra caseta da Feria ó coelliño branco ;)

E cuestion de buscar con tempo.