Author Archive

 
 

O mar

kscan_0015.jpeg

Non te perdas a novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que vai ter coma protagonista o mar. ¿A qué esperas? do 27 de xaneiro ó 2 de febreiro en Pontevedra. Consulta no enlace anterior o programa,  as conferencias, e os diversos obradoiros que haberá. O país invitado é Cuba.

História da selección galega de fútbol

Xa temos na libraría o libro de Jorge Manuel Deza Rey,  História da selección galega de fútbol.
seleciongalega.jpg

Máis información en Producións Peludas

Sobre literatura galega e o futuro do libro

La nueva Alejandría en El Cultural

E enlaces ás últimas discusións sobre a calidade da literatura galega en Brétemas

Isto lémbrame a aquilo de calquer tempo pasado foi mellor…

Actualizado ás 16:03
Outro en artigo máis sobre o estado da literatura galega en El País
Entre o vello e o novo

Exposición da memoria histórica en Sigüeiro

A propósito da exposición que van facer en Sigueiro, aquí tedes unha boa colección de fotos sobre Galicia, relacionadas coa memoria histórica.  Sobre a Ley de memoria histórica de España.

EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA EN SIGÜEIRO,

CONCELLO DE OROSO.
(A 12 quilómetros de Compostela en dirección A Coruña)
DATAS: Do 16 ao 30 xaneiro 2008
HORARIO: De luns a sábado de 17:00 a 21:00 h.
LUGAR: Multiusos de Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello de Oroso, en Sigüeiro.

Exposición de documentos, libros, fotos, carteis, símbolos, imaxes en DVD, paneis informativos… da época da Segunda República, Represión e Resistencia antifranquista na Comarca de Ordes.

PROGRAMA DE ACTOS:

Mércores, 16 de xaneiro a partir das 20:00 h.

* Inauguración da Praza Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello.
* Inauguración da Exposición da Memoria Histórica cunha conferencia de XESÚS ALONSO MONTERO e testemuña oral de ISAAC DÍAZ PARDO.

Mércores, 23 de xaneiro a partir das 20:30 h.

* Conferencia de UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL
* Testemuña Oral de AVELINO POUSA ANTELO
* Conferencia de BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
Mércores, 30 de xaneiro a partir das 20:30 h.

* Conferencia de MANUEL PAZOS GÓMEZ
* Conferencia de XOSÉ LUIS RIVAS “MINI”
* Clausura da Exposición coa actuación musical de MINI e MERO

Organiza: Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes
Patrocina: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Colaboran:
A.C. Obradoiro da História
Ediciós do Castro, do Grupo Isaac Díaz Pardo
Ateneo Republicano de Galicia
A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos
Fundación 10 de Marzo
MÁIS INFORMACIÓN: 680 824 910

Libros para o Nadal I

dscf9563.jpgEstaba pensando en escribir sobre as recomendacións para o Nadal, pero como atopei este artigo en La opinion de A Coruña co que coincido en case todo, mellor ledeo e elexide vos. Aquí deixo mostras dalgunhas das portadas de libros en galego que temos na librería e que recomendo para este nadal.

E graciñas ós de kalandraka pola súa homenaxe ás librerías. A verdade é que si nos bombardean, persiguen e atiborran de novidades, como din no seu blog , no que por certo hai que identificarse para deixar comentario. Algo lioso para xente que sempre anda as presas, coma mín. Bo Nadal a todos.

dscf9372.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…

Implicadas/os no desenvolvemento

implicados07.gif

III IMPLÍCATE! NOITE DE MÚSICA E PALABRA SOLIDARIA
Varios artistas galegos colaboran no evento de hoxe a prol da sensibilización cidadá e da cooperación: a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Isabel Blanco e Yolanda Castaño que presentarán e conducirán o evento. O longo do acto haberá actuacións de danza, teatro, música e poesía a cargo de:
Nova Galega de Danza e María Reimóndez no apartado de danza
Iria Piñeiro e Paula Carballeira en teatro
os grupos Loretta Martin e Espido en música
As poetas María Lado, Antón Lopo, Estíbaliz Espinosa e Miguel Anxo Fernán-Vello.


Den ganzen Beitrag lesen…

Presentación na libraría

rioulla.jpg

Faise saber que mañá as 20.30 terá lugar a presentación, nesta libraría, do libroO Val do Ulla. Unha comarca natural, publicada pola Asociación Raiceiros.

Leer máis

Terror na libraría

Dende o día de difuntos temos disfrutado na libraría de momentos terroríficos coa decoración de novembro. Encántame facer estas trapalladas que a hormiga califica coma “conadiñas”.  A ver se vos gustan as fotos que fixen.

terror03.JPG


Den ganzen Beitrag lesen…

La saga de los Aznar

Houbo uns tempos moi grises de postguerra nos que moitos nenos e adultos buscaban refuxo nunha colección mítica. Nela contábanse historias de planetas lonxanos e as vivencias dunha gran e extensa familia: os Aznar. Cando pases pola librería non deixes de ollar La saga de los Aznar, do falecido escritor Pascual Endíganos que firmaba co seudónimo de G.H. White. Literatura fantástica que contribuiu moitisimo á lectura e que estou segura continuará gustando hoxe.

Tamén temos a trioloxía do mesmo autor Heredó un mundo.

tomo01.jpg

tomo-2.jpg

 

Sobre avós e o tempo

Deixo estas recomendacións en libros infantiles que tratan o tema do paso do tempo nas persoas, a idade e a vitalidade.

Avós, de Kalandraka é un libro de Chema Heras e Rosa Osuna, para nenos a partir de cinco anos, é un libro poético con ilustracións a acuarela. Unha forma de atopar a beleza a través doutra mirada. Moi tenro.

avos.jpg


Den ganzen Beitrag lesen…