Pequeno homenaxe ó “negro” Fontanarossa nos artigos de ¿Un escritor? ¿Un dibujante? Un ídolo en El País e Negro de Orsai.
*****
Ana envía as seguintes novas:
A dirección do blog de Alberto Vázquez-Figueroa por se queredes baixar ó seu ultimo libro Por Mil Millones de Dolares, en formato pdf.
*****
Saiu na prensa e tamén no blog do levantador de minas que hai duas obras de Kalandraka, incluidas na lista do IBBY : Pucho o habitador dos tellados de Manuel Janeiro e 29 historias disparatadas de Úrsula Wölfel, traducida ó galego por Susana Fernández e Franck Meyer.
*****
Outras novas interesantes na prensa son que A Asociación de Escritores dará talleres literarios nos campamentos de verán da Xunta e que o escritor Xavier Docampo e o ilustrador Xosé Cobas estiveron na libraría Nós en Coruña facendo unha actividade literaria que se vai convertir en libro.

One Comment
grazas polos enlaces