Axudas para os libros e comezo de curso escolar

material_escolar.jpg
Nesta nota que se publicou onte en El Correo Gallego infórmase de que o mes que ven se abre o prazo para solicitar axuda para os manuais de matemáticas, tecnoloxía, física e química de 3º e 4º de Primaria e da ESO.
As axudas teñen que solicitarse nos centros educativos e posteriormente se lles vai entregar ás familias un vale para que fagan a compra en calqueira establecemento.

Queremos lembrarlle ós nosos clientes que aplicamos un desconto do 10% en material escolar e que dispomos das máis variadas marcas en tódolos útiles que solicitan os colexios da nosa zona.

Podedes achegarvos xa pola libraría e deixar reservados os libros de texto e pasar máis tarde a recoller os paquetes (dispomos das listas dos libros que piden en tódolos centros desta zona).

Lembrade que este establecemento ten, ademáis da porta principal, unha entrada traseira que está aberta tamén, coa ventaxa de que nesa zona hai lugar abondo para aparcar o coche.

Bo comenzo de curso a todos!

One Comment

  1. Posted 14/12/2010 at 6:58 pm | Permalink

    Ola. Estiven a mirar polo blog e gustoume moito. Co voso permiso fixen un enlace dende o blog das Bibliotecas Municipias. Un saúdo

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*