o burato do inferno

  burato.jpg
Novedades que nos chegaron hoxe: de Faktoría K chegaron exemplares en castelán e en galego da novela gráfica La cueva del infierno/O burato do inferno, de José Manuel Trigo e Ramón Trigo. Trátase dunha historia ambientada no século XIX en A Guarda (Galicia). Nas costas galegas os raqueiros, piratas de terra, aproveitaban as noites sen lúa e prendían fogueiras para enganar as embarcacións que navegaban próximas, e así facíanlles crer que seguían o rumbo correcto. De repente, os barcos encallaban nunha praia ou estrelábanse contra as rochas e eran atacados polos raqueiros, que os asaltaban e os despoxaban rapidamente da súa carga.

Outros libros do ilustrador Ramón Trigo na libraría son: O pirata pata de lata, As luces que se acenden e se apagan, Yo vivía en el fin del mundo, Nun lugar chamado labirinto.

Tamén chegaron hoxe exemplares de Historias de mestre raposo , de Bruno Heitz;  O insólito ascenso de Madame Pol , de Nicolás Arispe e de Ros Y tú que prefieres .

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*