Un símbolo que arracima

Hoxe en día é palpable a falta de símbolos que unifiquen a poboación. O único símbolo capaz de aglutinar, arracimar (que non unir á xente) é o futbol e proba delo foi a apoteosis madrileña con ese desfile que emulaba a chegada dos heroes á Roma na antiguedade. A xente disfruta o triunfo dos seus guerreiros e identifica a victoria destes como se fora propia. A miña emotividade sigue intacta logo do mundial. Confeso que non sentín orgullo, nin euforia, nin me vín arrastrada pola marea sentimental nin un ápice.

A maioría da xente que fala conmigo comentame que lles da igual o tema do mundial pero que eles son felices vendo ó resto dos seus conxéneres eufóricos, orgullosos e satisfeitos. Sintoo, a mín siguenme parencendo patéticos eses comentarios televisivos, radiofónicos e de prensa que exaltan un patrioterismo populista e rancio.

Sentiríame iso sí, orgullosa de pertencer a un país que non se deixe asoballar e que saia a rúa a protestar pola recente reforma laboral que nos acaban de meter clavada con disimulo no mesmo momento no que España xogaba o seu primeiro partido do mundial.

Se os arxentinos aínda están celebrando os mundiais que gañaron no 78 e no 86, ¿cantos anos estaremos nos facendo o mesmo?.

Un pensamiento en “Un símbolo que arracima

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>