Crónica dun domingo con granizada

Domingo pola mañán. Xusto cando decidín darlle unha volta á cadela pola Torre cae unha granizada fera, así que volvín a casa, a chusmear blogs e o feisbuk e a porme ó día cos correos intentando esquecer que á tarde toca o castigo dun traballo de merda. Escoito mentras música adecuada ó clima:

Estou lendo Mis almuerxos con gente inquietante de Montalbán; adminístrome  un capítulo antes de dormir, porque o bo saboréase a grolos curtos. O entrevistado é o que menos me interesa, disfruto moito co xeito de escribir de Montalbán e teño moitos outros títulos, desa colección que sacara Público, esperandome. Algúns xa os tiña lido, pero nunca está demáis voltar disfrutar relendo algo bo co toque malicioso do mestre.

E facendo un aparte, como de todos é sabido que a libreira perde as bragas en canto se menciona o tema Sabina, deixolle aquí unha crítica sobre o seu último concerto. A pobriña tivo que perderse este, pero xa levas nas costas o recordo de moitos outros.

A min, serán cousas do tempo, xa non me apetece ir a concertos de Sabina. Sí me gustaría poder ir á concerto de Jello Biafra en Santiagoo 12 de decembro, pero case dou por perdida esa posibilidade porque ese día traballo fixo e non hai posibilidades de facer cambios. É o que ten traballar tódolos fins de semana, unha pérdese as manifestacións, as ceas dos sábados, as orxías, os concertos, as misas, as resacas…

E como recomendacións para picotear na blogsfera deixo estas picadiñas:

“El fenómeno Yoani Sánchez”, por Salim Lamrani

Televisión… Manipulación?

Gasto público, beneficio privado

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*