Esta que suscribe, estivo preparando unha oposición a xustiza estes dous últimos anos, xa que estaba farta de traballos precarios e de ser puteada por subcontratas de subcontratas contratadas case sempre por esas famosas caixas tan patriotas das que hoxe se fala nos xornais. Hoxe sairon as listas e estou APROBADAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!
Xa podemos adicarnos ó blog de novo.
e a outras moitas cousas que estaban aprazadas. Hoxe, por exemplo, estiven en León na inauguración do Hálito a Durruti. Xa porei algunhas fotos.
