Acabo de firmar aquí para pedir que lle dean a Marcos Ana o Premio Principe de Asturias da Concordia 2009. Firmas ti tamén?

Manifesto
1. Pola súa vida: por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres
2. Pola súa loita contra a inxustiza, a pobreza, a iñorancia
3. Pola súa defensa da liberdade
4. Pola súa comprensión: “Eu sentiríame completamente desgraciado se logo de pasar vinte e tres anos no cárcere a miña única vinganza fose encher a cabeza de plomo a aqueles que foron os causantes de que eu deixase media vida e toda a miña mocidade na prisión”
5. Pola súa integridade: “Se pretendese saciar co sangue os anos que pasei en prisión, sentiríame desgraciado; nin un morto, nin mil mortos, nin todos os mortos do mundo pódenme devolver a min estes anacos da miña vida que eu deixei nos patios e nas celas dos cárceres”
6. Pola súa xenerosidade: “O único que me podería recompensar un pouco a vida é ver triunfantes os ideais polos cales eu loitei, polos cales loitou toda unha xeración”
7. Pola súa lucidez: “Se nos sentimos españois temos que pechar dunha vez para sempre este ciclo sanguento, ese feito terribel de que os españois cada vinte e cinco anos teñamos que estar degolándonos os uns aos outros. Espero que o futuro de España non sexa o futuro da revancha senón o da paz e seguridade para todos os españois”
8. Pola súa humanidade
9. Pola súa solidariedade
10. Pola súa valentía
11. Pola súa entereza
12. Pola súa honestidade
13. Pola súa sinceridade
14. Polo seu medo
15. Pola súa esperanza
16. Pola súa loita contra a infamia
17. Pola súa loita contra a mentira
18. Pola súa loita contra a crueldade demencial dos inimigos da vida
19. Pola súa sencillez
20. Pola súa naturalidade con que é un home. Enteiro, auténtico, completo.
21. Pola súa poesía
22. Por el e para el, por todos e para todos os seus compañeiros e compañeiras de infortunio
23. Por dignidade, reparación, xustiza, paz, reconciliación.

2 Comments
La prensa rancia nacional se ensaña con Marcos Ana:
http://www.laboratoriodenoticias.es/spip.php?article58
que vergoña