Libros e ebooks

Teño unha amiga que anda na procura dun ebook. Ela ten centos de libros ainda sin ler na súa casa. Non ten problemas para andar cun libro no bolso e non se adica a facer estudos linguisticos ou traballlos filolóxicos, para os cales recoñezo que debe ser útil a opción de navegar polo texto que estas lendo.

Entón, a qué ven esa imperiosa necesidade de posuir algo que nos anuncian por todas partes. Algo novo que só sirve para ler. ¿Non seria mellor disfrutar do placer que xa temos ó alcance? Non sería mellor sacarlle o polvo ós exemplares tirados  que temos pola casa?

A semana pasada lin un exemplar que tiña de Henry James,  Washington Square, que mercara aló polo ano 1988 . E decidinme a lelo porque nese momento non tiña outra cousa a man, porque estaba farta de velo rondarme todos estes anos, e porque o sentia como unha obriga logo de telo transportado en tantas mudanzas desde que o merquei (polo menos nove ou dez).

E agora estou disfrutando moito dun libro que levaba anos vendo na casa de meus pais. Como mínimo ó longo da miña vida debo telo collido nas mans unhas duascentas veces, pero nunca chegabamos a intimar. Nunca fun quen de mergullarme na historia que contaba. E logo de tanto anos de desencontros , hai uns días collino sen gran interés, como quen di “para que me dera o sono”; e  xa estou metida na historia e disfrutando a tope da vida dunha pandilla de amigos alcoholizados e sin rumbo, unha história de personaxes cobardes e entretidos como a vida mesma. Gústame a trama, gústame a narración, gústame a riqueza linguística, e descúbrome con ledicia averiguando o significado de termos que descoñecía. Trátase de El gran momento de Mary Tribune de Juan García Hortelano. Se tropezades con el dádelle unha oportunidade.

E se eu tivera os libros en formato ebook, ¿borraría directamente os que pense que no me han interesar cando a memoria me diga que está chea? De ser así, xa non tería ocasión de repescalos dunha estantería; non terían xa os libros a ventaxa de gañarme por agotamento, polo feito que que eu leve vinte anos mirandoos e dicindome con certa culpabilidade que os teño que ler.

E qué pracer da ganarlle a batalla ó libro, rematalos logo de tantos anos de intentos frustrados, de noites e noites de empezar sempre o mesmo prólogo e non dar chegado a ningures. E agora, ahí o tes, xa o podes sacar da estanteria dos libros pendentes de ler, regalalo, tiralo ó lixo, usalo nun collage…porque xa as contas están saldadas. Xa o liches e ganaches, ou ganou el? Quén vai gañar cos ebooks, ademais das empresas que o fabriquen?

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*