carraxe dos dias

huella.jpg

Unha foto de pereyra e un poema meu, adicado á libreira

Carraxe dos días

Nesta pendente imposible
o lixo embate alzándose voraz,
e case non podo aturalo,
pero mordo os beizos e sigo.

Como un poallar de aceite que ferve
e desflora os soños, aí está,
a agonía do feo, do suxo, do miserento,
xunto coa indiferencia do novo e do aséptico.

Pero sempre chega o día de rachar
e hai varias formas de rebentar,
para adentro ou para afora,
e hai moitos tipos de berros
para adentro outros para afora,
A mín venme de familia
a violencia de ferir coas verbas
e sinto un pracer onanista
e sinto que hai sintonía
neste traballar coa linguaxe.

Porque a vida é como a MTV,
podes decir que aquel é un asasino
podes decir que nos roubaron todo
e que o presidente é un narco.
Podes descubrir a política máis suxa
nunha canción
pero que non vibren con furia
as verbas taumatúrxicas,
as verbas descompresoras,
como puta, merda e foder.

Non ilumines o silencio con elas
non derrames na epiderme fermentada
a carraxe dos malditos
non se vaian escandalizar
os que a cotío xantan
con telexornais de sangue.

Pero eu libero as palabras
e navego con armonía
volta a confianza
volta a humanidade
volta a esperanza máis transparente,
non todo vai ser maldecir.
Humana, demasiado humana,
son unha melena peiteada feramente.

One Comment

  1. Ana
    Posted 24/5/2009 at 10:53 am | Permalink

    Moitisimas grazas

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*