Para ler sobre a novela histórica feita por historiadores: De la cátedra al ‘best seller’
Nun encontro que tiveron Paul Auster e Villa-Matas xurdiu o tema do lector. Alguén do publico afirmou “No entiendo cómo pueden decir que hay lectores estúpidos cuando yo creo que la estupidez desaparece con el simple hecho de abrir un libro”. Afirmación demasiado lixeira e optimista para o meu entender.
Considero máis axeitado o comentario que fixo a muller de Paul Auster, Siri Hustvedt, que dixo: “no se trata tanto de estupidez como de prejuicios. Son esos prejuicios los que llevan a no entender algunos libros. Yo siempre digo que leer es como el sexo: para disfrutarlo, hay que relajarse”. De todas formas, pensar que a estupidez desaparece polo feito de abrir un libro paréceme unha resposta moi cándida, e máis con tanto analfabeto funcional solto.
Auster y Vila-Matas cuestionan la preparación del lector en Público.es.
