Estou empezando o ano con moito humor. Humor en branco e negro, da man de Jacques Tardi e Léo Malet. Destes dous xenios lín Niebla en el puente de Tolbiac, Huele a muerto, e Reyerta en la feria. Disfrutei moito coas frases de novela negra e o sarcasmo dos personaxes e por suposto cos escenarios de Tardi e eses personaxes tan pintorescos. Aviso, cando leades a Tardi buscade no final do comic o mapa das rúas de Paris nas que se ubica a historia.


Unha vez atrapada no mundo de Tardi xa non fun quen de regresar e devorei tamén a orixinal Ici même en colaboración con Jean-Claude Forest (o pai de Barbarella), El soldado Varlot que retrata moi ben a traxedia da guerra e por último estoume entretendo coas historias de Adèle Blanc-Sec. Unha moza atrevida e sen medo ó ridículo. Nestas historias predomina a cor e os diálogos de tolos. Todo ten un aire raro pero encantador e sobre todo moi imaxinativo.


Fáltame por ler aínda Calle de la estación,120 , La guerra de las trincheras e a serie El grito del pueblo sobre a Comúna de Paris.

Guía sobre as aventuras extraordinarias de Adele Adele Blanc-Sec

Hasta aquí chegan as recomendacións de ano novo. Tardi ten tódolos ingredientes necesarios para pasarte un fin de semana de luxo. Para os que aínda non o teñan disfrutado, ánimo! non vos vai defraudar este mestre do comic europeo.

2 Comments
…a verdade; nunca fun quen de comezar e interesarme pola banda deseñada. Sei que é defecto do animal pero… desde logo non foi por deixar de intentalo.
Un saúdo
nunca é tarde, non?
Había séculos que eu non lía tanta banda. E agora non podo parar, pero vamos…, qué maneira de enganchar. Todo é cuestion de atopar o guión e o debuxante que te engancha. E repito os guión son tan bos coma os debuxos.