Manualidades no nadal

reis04.JPG

Empezaos a entrega de novidades de Nadal. “Alguén” se apresurou a enviarnos fotos da libraría cos bonecos feitos a man.  Vemos pois, unha mostra de todo tipo de decoración, o boneco de neve, a coroa real (eu sigo mantendo que os reis só dan gastos, pero bueno…) o tradicional belén, e unha estampa de reis magos que parecen máis ben un grupo de rock.

reis03.JPG

E aquí vedes os reis magos, que por certo,  teñen uns ollos que me fan lembrar as antigas esculturas mesopotámicas.

reis05.JPG

Sexamos sinceiros, aprecio tan grande esforzo manual na elaboración dos bonecos, pero o da dereita semella un caganet, o do centro parece un  cantante de coro e o rei da esquerda ten unha pinta moi chunga, que pensades vos? está deprimido ou está resacoso….?

One Comment

  1. Ana
    Posted 14/12/2008 at 2:07 pm | Permalink

    Un saudo da libreira melomana para a formiga que carece de espiritu navideño. Por suposto que estes reis poderían ser un grupo de rock , tal como os THE KISS cantando panxoliñas neste nadal. Que pouca imaxinación, non é un caganet ,está tocando a batería.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*