Baixo a chuvia

Saudos e bo Nadal, a este paso o próximo post será no Antroido xa que este blog ten cada vez menos actividade. Pero non pasa o mesmo na librería. Un Nadal máis e a libreira deixase levar polo espíritu navideño e pon o seu local máis recoqueto que nunca. Se non fora porque hai tantas estanterías e mesas cheas de libros un podería pensar que entrou nunha tenda de decoración ou nunha floristería, de tanto adorno que hai por todas partes.  En fin, dende aquí esperamos que a libreira nos deleite con unhas fotos deses reis magos en plan xamaicano que ten feito ela mesma coas suas máns e moita paciencia.

Por outra banda, o mundo sigue o seu rumbo consumista, a xente fala dun tal Rafael  Duque,  especulan se este ano recibirán algunha cesta de nadal no traballo e os ERE ( queda alguén aínda que non saiba o que é isto?) siguen aflorando polas esquinas.

E mirando o mundo, deixo enlace ás fotos fresquiñas que chegan de Grecia da man do blog do meu colega riosik. Seguiremos en contacto, igual escribo algo cando deixe de chover.

grecia.jpg

One Comment

  1. Posted 12/12/2008 at 2:06 am | Permalink

    Eu prefiro chamar as cousas polo seu nome: “despido”; aínda que ERE soa mellor, sen dúbida.
    Se non te vexo (escirbo), Boas festas.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*