Diarios e un collage

Estoume divertindo estes días lendo Diarios de Fernando Pessoa. Unha recoñecese nesas frases comúns de : “Non fixen absolutamente nada” ou ” Sempre o deixo todo para o último  momento” ou unha das anotacións máis frecuentes “fun a casa de fulanito e logo A Brasileira”, qué vida a dos poetas! Por fin algo en común, eu tamén son carne de bar…

diarios.jpg

En fín que para os que lles gusta este poeta luso, seguro que disfrutan o libro. E para os que non gusten del seguro que tamén han saber apreciar esa intimidade que nos achega Pessoa nas suas reflexións. Por exemplo , sabiades que se consideraba un anarquista intelectual?

Por outra banda, hoxe fixen un collage; espero que os críticos sexan cautos, foi a miña primeira vez, pero divertinme tanto que vou repetir.

variable-peque.jpg

5 Comments

  1. Posted 30/10/2008 at 12:28 pm | Permalink

    Coincido con vostede, cando lin Pessoa tamén tiven a sensación de que fora un tipo vulgar ou común cunha sensibilidade extraordinaria. Paga a pena lelo e descobrir que unha persoa que ten unha vida corrente pode agochar –ou agocha– calidades que ninguén sospeita. Unha aperta.

  2. hormiga
    Posted 01/11/2008 at 1:23 pm | Permalink

    Sí, a medida que se len os “Diarios” cambia a idea que un ten dese escritor misterioso e acaba dándote pena ese pobre tipo tan pagado de si ás veces, tan dubidoso e inseguro, e sobre todo tan so. Que alguén non poida decir que ten un amigo ou unha amada, e que nunca os tivo nin terá da bastante pena. En fin, que os Diarios sorprenden non polo que dín senón polo tono xeral de libro das lamentacións dun home con conciencia de xenio e con total falta de vontade. O habitual en Pessoa é soñar e deixarse levar, pedir cartos prestados e falar co círculo de amigos que atopa no bar.

    “Los antiguos navegantes tenían una frase gloriosa: Navegar es preciso, vivir no es necesario”. El espíritu de esta frase es válido para mí, transformando la forma para adecuarse a lo que yo soy. Vivir no es necesario, lo necesario es crear.

    No cuento con disfrutar mi vida, ni pienso en ello. Sólo quiero hacer de ella algo grande y (-) la leña de ese fuego.

    Sólo quiero rodearla de toda la humanidad, aunque para eso tenga que perderla como mía.”

  3. Posted 01/11/2008 at 9:10 pm | Permalink

    Gosto das frases de Pessoa (”ser poeta non é unha ambición, é a miña maneira de estar so”, por exemplo) e dos collages (pode repetir que este saiulle bastante ben).
    Apertas.

  4. xlmc
    Posted 03/11/2008 at 9:03 pm | Permalink

    Siga, siga cortando e pegando e, por suposto, mostrándonos o resultado. Polo demais, o importante é que lle prestou mentres estaba entregada ó traballo. En canto ós críticos, xa se sabe, ó deles: a criticar.
    Saúdos.

  5. hormiga
    Posted 05/11/2008 at 1:53 am | Permalink

    Graciñas, a verdade é que me divertín. Penso que porque unha non sabe debuxar nada, nin con lapiz, nin pincel. Por non ter non teño maña nin para recortar mariquitillas. Pero mira! gustoume!

    E nestes momentos tan violentos de despidos, traslados, deslocalizacións e monstruos financieiros a pedirnos esmola hai que distraerse para non ir soltanto as tripas polas esquinas.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*