Facendo memoria

Post rápido pero de calidade no que a contido toca.  Quero deixar un par de recomendacións.  Unha de libros, e outra de música e audiovisual.

Buenaventura Durruti, anarquista. 1999  Nesta película documental aparece Chicho Sanchez Ferlosio, cantando o “Romancero de Durruti”. Xenial o Chicho, neste documental sae xa velliño. Aproveitando o tema recomendo tamén o documental que fixera Trueba Mientras el cuerpo aguante

Varios vídeos en ágoratv: Durruti en la revolución española

vazquez2004republica.jpg
E o libro de Andrés Vázquez de Sola Republica o “esto”. Foca Ediciones 2004,  unha testemuña humorística e satírica dos personaxes da República. O máis destacado é como pinta en branco e negro ós personaxes negativos. O resto están pintados con cores. O sarcasmo preside a obra deste debuxante xenial que nos amosa unha galería completa e esencial de quén era quén na II República: Alfonso XIII, Francisco Ferrer Guardia, V. Blasco Ibáñez, Primo de Rivera, Calvo Sotelo, Castelao, María la Libertaria…. Cada un deles ten unha páxina cun retrato e un comentario ben ilustrativo. O mellor do libro ademáis da calidade do artista facendo os retratos é que o autor non se corta nada e chama ás cousas polo seu nome. Nada de eufemismos.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*