Máis actividades

Inaugúrase mañán, mércores 15,  a Mediateca do Grilo, en
Cacheiras. Este espazo multiuso vai acoller conferencias, recitais de pequeno formato, presentación de libros, etc.

Mañán, para celebrar esta apertura ides atopar alí, a partir das 18:30 horas, a Pepe Carreiro  (Sí, o pai dos Bolechas, Barbanzóns, etc) que contarará, debuxará e asinará as súas historias.

Logo, ás 20 horas, realizarase a inauguración oficial coa presenza da Conselleira de Cultura, dona Ánxela Bugallo.

O venres 17 de outubro, ás 20 horas, nesta mesma Mediateca Municipal “O Grilo de Cacheiras“, terá lugar unha nova xornada de recuperación de memoria da man da Oliveira de Teo.  Co título “Escola republicana versus escola fascista, Anxo Serafín Porto Ucha, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC, vainos achegar á realidade escolar destes períodos.

Por último, o sábado, día 18, atoparedes ás 20 horas en Luou a Mofa e Befa coa espectáculo ‘Sempre ao lonxe‘.

4 Comments

  1. oliveira
    Posted 16/10/2008 at 2:24 pm | Permalink

    O acto é o 17, que é venres (non sábado)

    felicidades polo blog, é lindo e ineresante

  2. oliveira
    Posted 16/10/2008 at 2:25 pm | Permalink

    outro:

    o acto da memoria é o 17,

    o teatro é sábado 18

  3. Posted 18/10/2008 at 4:58 pm | Permalink

    lamento o erro. Gracias por correxilo

  4. ALEJANDRA
    Posted 23/10/2008 at 6:57 pm | Permalink

    Ana:

    me encanta tu página. Lástima no tener más tiempo para leer tooooodoooo.

    gracias por dejarnos ver y tocar tus libros.

    hasta cualquier tarde.

    Alejandra

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*