Dende o xardín

Onte volvín a ver a película Desde el Jardín, dirixida por Hal Ashby e con Peter Sellers facendo o papel protagonista de Mr Chance. A historia baseouse nun libro de Jerzy Kosinski.
jardin.jpg
Resulta duro ver ficción e recoñecer nela a política actual. A história relata como calquer parvo, que non sabe nada máis que o que ve na televisión, pode chegar a presidente dun país se os que deciden nas cuestións economicas o ven adecuado ós seus intereses. O protagonista non se atraganta comendo, pero queda ben claro que é un ignorante e que non sabe de nada máis que de como cuidar as prantas. É tan cortiño este personaxe que non ten medo de decir o que pensa, non ten límites, e iso fai que os outros lle atribuan un halo misterioso. Se non ten pasado será porque escondeu todolos datos da súa vida, logo é intelixente.

desdeeljardin.jpg

Xa que logo, aprendamos do protagonista a camiñar sobre as augas, que tanto coñecemento so sirve para facernos desgraciados. Sexamos simples espectadores, como Mr Chance, a quen só lle gusta mirar.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*