Volta ó blog en tres libros

Volta ó colexio e volta ó blog semiabandonado. Mentras na libraría todo son presas, aquí no blog seguimos con calma este comenzo de curso.

manifiesto.jpg

Hai uns días, sumida na apatía e con ganas de pasar o tempo lendo algo que requerira pouco esforzo collín da estantería un libro de Frederick Forsyth, El manifiesto negro. O que pretendía cumpriuse, non tiven que esforzarme por meterme na trama, e o día pasou axiña lendo esta novela de intriga, espionaxe e rusos medio apampanados. De feito lembreime mentras o lía do que sempre comentaba o meu pai cando de pequena miraba aquelas películas de nazis e xaponeses tan burros e malos. Meu pai sempre soltaba o mesmo: “Non eran tan parvos os alemáns filla”.

E con esa frase quedeime respecto ós rusos desta novela. Tan parvos non serían. Nin tan bos ese grupo de eminentes personalidades do mundo político occidental (entre os que se atopaban banqueiros e Margaret Tacher e Bush pai) que pretenden salvar a Rusia dun monstruo fascista (¿quen a salvará do neoliberalismo?, digo eu). Pero bueno, comento só este libro por pasar o tempo, non é que sexa recomendable (con tanta cousa boa por aí solta).

intencions.jpg
O outro libro que veño de rematar e sí é recomendable é “As mellores intencións” , de Begoña Paz. Unha novela que tamén se lee dunha corrida.  Narra a historia dun home solitario cunhas carencias afectivas ben gordas que tenta protexer a unha nena.  O final chamoume a atención porque vin certa analoxía coa forma de morrer un dos protagonistas  da serie dos Soporano . É unha trama tenra pero non babosa coa que nos podemos identificar moi ben, porque quén non ten sentido a necesidade de arrancarlle un cativo a uns malos proxenitores? Eu confeso que sí, e moitas veces.

campesino.jpg
Por último, aproveitando que me sentei a postear, e volvendo á U.R.S.S, quería comentar que estou lendo “Comunista en España y Antistalinista en la U.R.S.S.”, de Valentín Gonzalez, “El Campesino”. Unha vista moi interesante da Rusia de Stalin, e dende logo un libro do que podemos tirar moito proveito.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*