Estiven dando unhas voltas pola Feria do Libro de Coruña e quero contar algo que vin na caseta de kalandraka e que me fixo moita gracia. Estaba unha nai mercándolle un libro a súa filla duns ¿ 4 , 5, 6 anos? Non saberia dicir a idade. O home da caseta alcanzaballe este libro á nena; pero ela batía nas taboas do mostrador como se estivera nunha taberna (a nena estaba subida enriba dun taburete de plástico) e berraba teimuda:
“Non, ese non!!!!!!!! Eu quero un do coelliño!”
Os de kalandraka tamén teñen este dun coello:

Pero penso que a nena estaba empecinada nun do coelliño branco e repetíalle á nai que queria un libro do coello como o que tiña na escola. Sería tal vez un destes coelliños da Editorial Tambre ?



O caso é que pese a que lle ofreceron un elefante, un avestruz e ata unha cebra, a nena marcho sen ningún libro, porque ela sabía moi ben o que quería.

Por certo, eu vin noutra caseta da Feria ó coelliño branco
E cuestion de buscar con tempo.
