Estiven por Santiago hai uns días e cheirando pola tenda vin algunhas cousas que me apetecían:

Nove, de María Lado. Por certo, alguén non se baixou aínda Berlín? Como foi o primer libro que me chamou a atención ó chegar á libraría, collíno e xa non o soltei.

Logo, fíxoseme a boca auga con cantáteis, cantos e fragmentos e apostasía (este último hai tempo que lle teño botado o ollo) de POSITIVAS .

Atacoume un desexo consumista con estes dous libros de Alexandre Nerium e María do Cebreiro, pero mantívenme firme e resistín feramente.
E cando xa estaba eu satisfeita de terlle vencido ó vicio consumista, crucei os meus ollos con estoutro libro, e tamén o merquei:

E logo marchamos de paseo ás hortas de Belvís, pero esa xa é outra história.
