Fotos en internet e autores

A semana próxima, como xa comentara, imos ó concerto de Bersuit en Santiago. Aproveitando a viaxe saudaremos a riosik, un bo amigo que acaba de estrear blogue e páxina de fotos.  De momento só subiu fotos de Grecia, lugar onde pasa moito tempo e a onde espero ir eu tamén algún día. Gústame a ollada de riosik, tamén ten algunhas fotos na galería de ylogico. Precisamente quería comentar o feito de que hoxe en día case todo dios colla fotos que busca no google sen molestarse en por o enlace ó lugar de onde as sacou ou citar a páxina ou fotografo.

Pasoume xa algo curioso que me mosqueou un tanto. Estou acostumada a que acaben saindo fotos feitas por min noutras paxinas sen citar, enlazar, nin caralladas polo estilo. Pero alucinei cando duas amigas me dixeron, entra no meu myspaces. E hala, entro e as dúas tiñan o seu myspace con albumes cheos de fotos sacadas da miña galería. Fotos miñas, da miña parella, de riosik… E claro, cando os amigos fan algo así, sin darlle a menor importancia á autoría, qué non farán os descoñecidos?

Fotos riosik

En fin, lembrade todos, que o feito de compartir non significa que as cousas non teñan un autor. E cando alguén expon algo e te gusta o mínimo é deixarlle un enlace ó fulano e citar o autor (aínda que as fotos sexan sacadas de flickr e sexan copyleft).

3 Comments

  1. Posted 03/7/2008 at 12:58 am | Permalink

    O asunto das fotos é un tema espiñento.
    Gustoume a casa branca na rocha.

  2. Posted 03/7/2008 at 8:32 pm | Permalink

    é que ten moitas cousas fermosas o país grego!

  3. Posted 06/7/2008 at 7:23 am | Permalink

    Que preciosas fotos, lugares hermosos

One Trackback

  1. By Manos « Riosik photoblog on 05/7/2008 at 10:43 pm

    […] llevaran marca de agua, muy a mi pesar. Las razones las expone perfectamente hormiga en otrasnoviaxeiro. Posted by riosik Filed in […]

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*