A beleza será convulsiva ou non será. André Breton. Nadja
Xa rematei de ler o libro de Xosé Luís Mosquera Camba que se presentou en Carral hai unha semana. Gustoume moito. Tanto o poemario como a portada (que algúns lembrarán tela visto online noutros lares) reflexan unha creatividade individualista lonxe dos sendeiros da manada institucionalizada (hoxe erguinme así de borde).
Polo tanto o que me gusta desta obra é que sexa diferente, que a história me remita a outras lecturas e por suposto non é menos aliciente o feito de que unha pense, tamén, que Nadja existe. Por outra banda, gustame mergullarme nunha linguaxe poetica moi fresca e sinxela que fuxe do mero esteticismo (non vos acontece, as veces, que todo o que ledes contén as verbas: imantado, espello, arxila, baleiro, fendas? ).
Alonxándome destas últimas divagacións blogueiras, recoñezo que me custa moito facer unha crítica (por iso non as fago), pero para que vos fagades unha idea direi que Nadja c’est moi é un poemario moi fondo, sentido, emotivo e libre; quer dicir, nada encorsetado.
Por último, para os que se pregunten quen carallo é a tal Nadja, e sexan tan vagos de nin sequera molestarse en ir á Wikipedia, aqui deixo o enlace a André Bretón.

E como tamén me gustou moito o poema que o autor publicou no poemario de Carral Poemas II, vouno pegar aquí, neste blog periférico.
…dun mesmo,
Arrabaldo e nunca centro.
A circunvalación herexe do sangue
E, por suposto, finalmente, o lume.
A música de vento truculenta,
Vella,
Dos Thunderclap e a súa Wilhelmina
Como irrisorio bálsamo
Para tan brutal ferida.
Arden, na noite, todos os motores de explosión
E, ó mencer, o aire cheira a inferno
E os poetas afánanse en citar a Dante.
Os versos conforman un vulgar tratado de urbanismo.
Mozos con rasgos inequivocamente magrebís
Pasan altivos despois de dar por rematada a súa particular versión
Da revolución
Posmoderna.
Xa nada é centro. Todo banlieue
Dun mesmo.
Un coche con queimaduras de, polo menos, terceiro grao xeme no medio da rúa
E soan xa cerca as sirenas
Ou, quen sabe?, Wilhelmina
Está sendo novamente acribillada
Polo brazo ríxido dun tocadiscos
Nunha mansarda carcomida pola traza e a humidade.
***Xosé Luís Mosquera Camba
Gañador do X Certame de Poesía
“Concello de Carral”


3 Comments
Tanta valoración positiva dos meus textos e das miñas colaxes vaime facer perder a modestia (a pouca que aínda me queda). Espero que non, que as árbores non me impidan ver o bosque. Sen embargo é agradable recibir eloxios, aínda que non sexan merecidos.
Un abrazo.
xlmc/nadja
De nada xlmc, como dicía no post so era unha opinión. O que se considera crítica literaria é algo que nin sei facer nin me interesa. Será por iso que os meus posts de libros son tan curtos. Voltarei subliñar que me gustan os teu poemas polo que teñen de auténtico e diferente. Hai, penso, moitos creadores a ser distintos nestes momentos. Pero unha tamén se cansa de ver repetidas as fórmulas dos vates-mestres por todas partes. Por dar un exemplo non galego, non vos acontece que de repente, gran parte do que ledes vos soa a Benedetti? E claro, a min gústame Benedetti, pero cando outros o imitan non o aturo. E o mismo me pasa con algúns poetas galegos cando os escoito repetindo a mesma estructura, linguaxe e fórmulas ó tempo. Sinto que non din nada. En fín, iguel se debe ó feito de vivir na periferia do sistema (e non me refiro ó literario).
Gracias por tu comentario. No sé como llegaste a mi pero me llena de satisfacción que lo hayas hecho y también haber recorrido tus páginas. Por ahora no llegó la mudanza, así que deambulo por los ciber con poco tiempo para responder, pero es un placer conocerte, es más te había confundido con otra persona. Tu nick me encanta. Abrazote