Unha libraría de Paris

Hai uns días vagabudeando por flickr, atopeime con unhas fotos da libraría parisina Shakespeare and Company e qué diríades que me viu á mente?

O barrio Latino? Shakespeare? Paris? O olor dos libros? O Ulises de Joyce?

Non, o que lembrei foron escenas daquela vella serie de televisión Os inmortais (Highlander), co atractivo protagonista MacLeod interpretado polo actor Adrian Paul, e a música de Queen. E así de divagación en divagación lembreime daquela fermosa barcaza atracada no Sena, na que o protagonista vivía. E tamén lembrei as veces que saíra esa libraría na serie.

O que non sabía era a história que hai detrás dela, como por exemplo que nos anos 50 moitos escritores como por exemplo Allen Ginsberg, Gregory Corso e William Burroughs se aloxaban alí.

En fín, outro lugar máis para a lista de lugares que visitar.
Máis informacíón en Shakespeare & Co.: Un lugar para soñar

2 Comments

  1. Posted 24/5/2008 at 6:14 pm | Permalink

    Non tiña idea de que a libraría estivese aínda aberta, agora xa teño outro lugar pra visitar cando vaia a París. Sae nas memorias de Hemingway ‘A Moveable Feast’, e tamén a lembranza de Sylvia Beach, a persoa que estaba a cargo dela nos anos da xeración perdida.

  2. Posted 26/5/2008 at 1:46 am | Permalink

    E que curioseando por flicker e pola wikipedia sempre se aprende algo novo ;)

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*