Este sábado, Día das Letras Galegas, non esquezas ó recital poético-musical consistente nun percorrido pola historia da poesía galega que van será recitar e cantar Anxo Angueira e Leo i arremecághona.
Trátase dunha produción absolutamente novidosa e orixinal que probablemente só se poderá ver en Cacheiras.
Hora: ás 20:00 horas
Lugar: local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras,
Organiza o Concello de Teo.

2 Comments
O Anxo Angueira é unha das persoas que mellor recitan das que teño visto na miña vida (e foron abondas). O Leo é directamente a grande figura punk galega desta xeración, ten unha capacidade para pasar do trascendente ao retranqueiro absolutamente envexábel, ademais de ser unha grandísima persoa.
De todos xeitos os do video son Ataque Escampe
Grazas pola aclaración Mario. Como eu non os vin actuar aínda, deixeime guiar por uns comentarios nuns videos de youtube. Arranxado.