Libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez

libroana.jpg

Onte foi a presentación do libro de Ana Acuña na libraría. Foi máis xente da esperada ate o punto de quedar algúns de pe. Na mesa estaba o editor de 3c3, Antonio Puentes, a concelleira de Cultura Carme Hermida, a autora do libro Ana Acuña e o profesor Xesús Alonso Montero.

entrada02.jpg

Foi unha presentación moi entretida, e na que descubrimos moitas cousas sobre o protagonista do libro “Dicionario” Xosé Mª Álvarez Blázquez.


Carme Hermida enfatizou o feito de ter o libro unha unidade didáctica sobre o autor para primaria. E aproveitou para lembranos que hai un días os concellos de Carral e de Teo presentaron a reedición do Berro en Lembranza dos Herois de Carral, un texto de Xosé Mª Álvarez Blázquez que foi publicado no ano 1934 pola Federación de Mocedades Galeguistas.

acto02.jpg

Xesús Alonso Montero deixou ben claro que non era un libro máis sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez, loubou o xeito que ten a autora de facer falar a Blázquez e á súa crítica, a extensa bibliografía e a triple cronoloxía, o marabilloso limiar de Luz Garza cun poemario feito dende o esquema tráxico de Rosalía. Pero no que máis fixo fincapé foi na extrema rigurosidade e no feito de que todo o que se cita e do que se fala foi consultado antes por Ana Acuña.

acto01.jpg

Alonso Montero falou moito sobre o Blázquez editor e os libros que publicou que hoxe son alfaias da literatura; falou do Blázquez libreiro de vello, do Blázquez represaliado, do Blazquez editor das pegatinas Falemos galego, e cómo ante o lema Fala galego, propuxo o anterior por parecerlle menos conminativo. Tamén se extendeu en anécdotas sobre a Antoloxía literaria que iniciara Filgueira Valverde a petición do Seminario de Estudos Galegos, e sobre a Antoloxía de poemas galegos que publicou no ano 53, en Bos Aires, Azcoaga.

Por certo, dado que Alonso Montero lle deu a man a Gagarin, e eu lle din a man a Alonso Montero. Podo dicir que lle din a man a Gagarin?

—–
Máis sobre este homenaxeado:
O editor de Castrelos, por Manuel Bragado

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*