Brillante Weblog 2008

Pois para seguir co tema do premio Brillante Weblog 2008 que me concedeu Felix de Im-Pulso, imos pór a miña lista dos sete premiados:

Apostillas literarias porque sempre ten novas moi interesantes sobre literatura.

A cova do raposo porque escribe bos poemas e ademáis lle gusta Rosendo e Cortazar.

Leoeosseus por eses relatos antropolóxicos, por exercer de pai exemplar e por visitar aínda máis blogs ca mín.

Persistencia del tiempo porque escribe uns poemas moi sentidos.

Milodón City cha cha cha porque escribe uns relatos caralludos, fondos e sensitivos.

Casa das letras por estar sempre ó día. E porque cando a nosa libreira ve as fotos desa tenda morre de envexa.

Fíos invisibles por ser a porteña máis galega que coñezo. E porque as veces a mín pasame á inversa.

6 Comments

  1. Posted 28/4/2008 at 11:21 am | Permalink

    Grazas pola mención, e grazas máis porque a distinción ven dun libreiro e só un libreiro sabe que no noso oficio hai máis vocación que profesión.
    En CDL lemos O Trasno, que ten a virtude de falar da cultura escrita sen complexos e cos pes na terra. Unha aperta.

  2. Posted 28/4/2008 at 7:48 pm | Permalink

    Que agradabilísima sorpresa. MUCHAS GRACIAS.

  3. Posted 01/5/2008 at 5:49 pm | Permalink

    Muchísimas gracias por la mención y felicitaciones por tu página, me cuesta leerla (no hablo gallego) pero me las arreglo y quizás… hasta aprenda.

    Un abrazo.

  4. Posted 02/5/2008 at 10:04 pm | Permalink

    Gracias a vos. Á hora de elexir, é sinxelo recurrir ó que máis se frecuenta.

  5. Posted 03/5/2008 at 10:03 pm | Permalink

    Pois gracinhas pola mencion entre tantos blogos como hai para escoller.

  6. Posted 23/5/2008 at 2:29 am | Permalink

    Sinto chegar tarde pero non quería deixar de agradecer este agasallo que, como ben dixo Paideleo, con tantos e tantos blogs onde escoller é certamente iso, un agasallo. Eu ben quixera merecelo pero non vexo moito polo que podería levar un premio. De xeito que agradezo moito mais estes detalles dos amigos, dos compañeiros do blogomillo, sempre cheos de xenerosidade e de agarimo. Uns sentimentos que, malia non se entenda como, son quen de cruzar esa masa de agua que é o Atlántico e, ademáis, achegar iso que a emigración afastou. Graciñas moitas!!!!

One Trackback

  1. By ¡Mi querida Elfride!: Heidegger « x0v on 20/12/2008 at 8:02 pm

    […] * Muchas gracias a O Trasno Viaxeiro […]

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*