Globos: deseos, ilusións, merda, lixo

Unha pensa que a estas alturas, polo menos as ongs e as institucións públicas xa están concienciadas co tema do medio ambiente e con iso de que está mal encher o espacio de merda, sobre todo por paridas.

Pero non, porque ultimamente non vexo máis que globos ó meu redor. E paréceme unha estupidez e unha irresponsabilidade seguir enchendo o ceo de lixo que vai rematar no estomago de aves, peixes e demáis animáis. Se por mín fóra, faríalles tragar todolos putos globos ós que teñen estas ideas tan brillantes. E dame igual se son para a fibrose mútiple, para ilustrar as ilusións e desexos dos coruñeses:

800 ANOS. 800 MENSAXES. 800 GLOBOS.
800 mensaxes, 800 desexos, 800 ilusións…

Ao longo do ano todas as persoas poderán achegarse aos centros cívicos e depositar unha mensaxe co seu desexo, a súa ilusión, a súa petición…

As mensaxes escribiranse en papel pergameo pequeno, introduciranse nun globo e depositaranse nunha urna de cristal. A final de ano, con todas as mensaxes recollidas farase unha gran solta de globos que simbolizará as ilusións da nosa cidade da Coruña.

A recollida das mensaxes será de marzo a decembro e a solta de globos será o 30 de decembro.

Ou se se viaxa en mil globos para protestar polo que sexa, como no caso do cura voador.
Ben se be que falta imaxinación cando so se lles ocurren ideas tan nocivas para o medio ambiente. Iso sí, logo soltarán unha bágoa o ver o video de Al Gore. Incoherentes!

One Comment

  1. Posted 26/4/2008 at 10:31 am | Permalink

    Subscribo. Non sabes a cara de parva que se me pon cando lles explico aos meus colegas que non se deben usar globos para lanzar ao aire, míranme como se fose unha extraterrestre e acaban por dicirme: xa está a ecoloxista… POis si, ecoloxista, amante da natureza, persoa sensíbel, chámame X, mais os globos que se lanzan ao aire son merda, tan molesta como os papeis que se tiran ao chan.

    Como ti dis, despois resulta que o continente de plásticos que está boiando non sei se no pacífico xurdiu por xeneración espontánea, que ninguén tirou nada por aí…

    Únome á demanda.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*