O Montalbán poeta

Pensaba que xa tiña superada a fase do desexo compulsivo.  Sentíame segura e moi a gusto sen esa insatisfacción que non deixa de escocerte baixo a pel cando sintes a necesidade de mercar e mercar cada libro que ves reseñado nas revistas ou na internete. Pero hete aquí que onte volvéronme as ganas tolas de posuir un libro. Foi cando lín que saiu a obra de Montalbán que recolle sete libros de poemas xa publicados e dous máis inéditos. Eu quero un!

One Comment

  1. Posted 21/4/2008 at 12:33 pm | Permalink

    E eu podo apuntarme ao mesmo requeremento? porque tamén quero un.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*