Soho-Orzán: mercadillo

mercado01.jpg
Hoxe na rúa Orzán de A Coruña Ponse en marcha o mercado das Artes Aplicadas organizado pola Asociación Soho Orzán, que se celebrará os primeiros sabados de cada mes a partir do 5 de abril de 2008, no centro da cidade (rúa do Orzán).
No Mercado terán cabida unha gran variedade de actividades, artesanía, pintura, escultura, restauración, libros, numismática, filatelia e alimentación.
A solicitude de participación é preciso facela con 15 días de antelación a celebración do Mercado do mes que sexa.
O horario será de 11 a 20 h e con posibilidade de alargalo ata as 21 h no verao.

A verdade é que da moito gusto nun día soleado como hoxe baixar á rúa e ver os postos da panadería de Carral, os de bisutería e os que a mín máis me gusta ós de coiro. Tamén hai flores, barro, antigüedades…E aínda enriba música en directo a ritmo de batucada.. A mín o único que non me gusta é o nome que elexiron para bautizar este mercado, paréceme que o de meterlle Soho ten certas pretensións que amosan complexos?? , como se o nome Orzán non tivera o exotismo adecuado. Non esquezas pasarte.
mercado02.jpg

One Trackback

  1. By Mercadillo « Calabandi on 06/4/2008 at 3:14 pm

    […] 6, 2008 por calabandi Ayer estuve con la Hormiga en el mercadillo del Orzán. É unha iniciativa mui boa, esperamos que […]

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*