Aquí tedes o seu portal: Portal da biblioteca pública de Santiago Anxel Casal
E unhas foto da ilustración da arxentina Natalia Colombo que gañou o I Premio Internacional Compostela
co álbum titulado “Cerca”, e outra foto da ilustración de Javier Sobrino e Rebeca Luciani que quedaron finalistas do mesmo certame coa obra “La nube de Martín”.
O I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados foi convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka. O galardón ten unha dotación económica de 12.000 euros e o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares. O xurado valorou un total de 335 traballos procedentes de numerosos países, entre os que se escolleu “Cerca” pola relación “perfectamente trenzada” entre relato e imaxes, que “narran, flúen e evolucionan”.



