
Acaba de empezar o mes do libro. O día dous celebrouse o Día Internacional do libro infantil e xuvenil e o próximo vintetrés celebraremos o Día Internacional do Libro. Parabéns!!!! Imos celebralo por todo o alto, agasallando libros por doquier, a tódolos teus colegas, amigos, familiares, lendo, lendo moito. Lendo a todas horas, en tódolos sitios, comendo, tomando café, almorzando cos libros. Imos ler na cama, no sofá, no baño, na rúa, nos parques, no médico, nas cafeterías, onde te pete. Colle o libro que sexa, visita a biblioteca máis próxima, non hai moitas, pero seguro que algunha atoparás perto de ti. E cando te atrevas a visitala has atopar castelos de palabras, formando poemas, relatos, contos, novelas maravillosas …. Por favor, atrévete a tocar ós libros, a cheiralos, a follealos. Pero, sobre todo, disfrútaos como se fose o mellor que te estivese a pasar, é un aniversario, só se celebra unha vez o ano. Faino acompañado, só, co gato, cos paxaros. Conta un conto, regala palabras, ilusións, soños, versos, poemas. Agasalla revolucionariamente!
Mañá empeza a XXVII Feira do Libro no Paseo Central da Alameda de Santiago. Durante unha semana poderás disfrutar de libros a bo prezo. O pregón vaino dar o cantante, acordeonista e escritor galego Xurxo Souto.
Horario da feira: 11-14 h. e 17:30-21:30 h.
Fins de semana e festivos: 11-14:30 h. e 17:30-21:30 h.


4 Comments
Facendo honor o mes no que estamos xa merquei tres libros.
Agora toca lelos, cun xa empecei.
E poderíase saber os títulos? Eu non vou mercar ningún porque teño moitos en cola para ler e logo enfádanse.
Eu estou lendo “crónicas del angel gris”, de Alejandro Dolina.
¡ai! que morriña da miña cidade
Seguindo as instruccións da libreira máis ilustrada que coñezo acabo de rematar “La elegancia del erizo” de Muriel Barbery. Dende un intimismo provocador relata o encontro de soedades que parecen alonxadas pero que figuran moi preto unhas das outras. Novela para pensar e para comprender que a grandeza mesma do ser humano, a belleza e o significado deste mundo radican sempre no interior dun.